|
Article on other languages:
|
A homeostase (do grego homeo que significa "semellante", e estasis, en grego στάσις, "posición", "estabilidade") é a característica dun sistema aberto ou dun sistema pechado, especialmente nun organismo vivo, que regulariza o seu ambiente interno para manter unha condición estable e constante. Os múltiples axustes dinámicos do equilibrio e os mecanismos de autorregulación fan a homeostase posíbel.
CaracterísticasA homeostase é a regulación do medio interno constitúe un dos preceptos fundamentais da fisioloxía, posto que un fallo na homeostase deriva nun mal fundamentado dos diferentes órganos. Toda a organización estrutural e funcional dos seres que tende cara a un equilibrio dinámico. Na homeostase orgánica, o primeiro paso de autorregulación, é a detección do afastamento da normalidade. A normalidade nun sistema deste tipo, defínese polos valores enerxéticos nominais, os resortes de regulación dispáranse nos momentos en que os potenciais non son satisfactoriamente equilibrados, activando os mecanismos necesarios para compensalo. Hai que ter en conta que as diferenzas de potencial non son electromagnéticas, podendo existir diferenzas de presión, de densidades, de grao de humidade, etc. Por exemplo, a glicemia, cando hai un exceso (hiperglicemia) ou un déficit (hipoglicemia), sendo a solución no primeiro caso, a secreción de insulina, e no segundo, a secreción de glicagón todo iso a través do páncreas, e conseguindo nivelar a glicemia. HistoriaA homeostase foi descuberta por Claude Bernard a mediados do século XIX, cando observou que as variacións corporais como temperatura, presión arterial e frecuencia cardíaca tiñan como obxectivo devolve-la estabilidade ao corpo. Sen embargo, o termo homeostase foi acuñado en 1928 polo biólogo Walter Cannon (1871-1945), que recibiu o Premio Nobel por definir en 1932, no libro The Wisdom of the Body, as características que rexen a homeostase e que son:
Factores que inflúen na homeostaseA homeostase responde a cambios efectuados::
Véxase taménBibliografíaOutros artigosLigazóns externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.