|
Article on other languages:
|
Vista aérea do Himalaia, O Monte Everest pode observarse cerca do centro da imaxe.
O Himalaia (ou Himalaias) é unha cordilleira asiática que separa o subcontinente indiano do vasto planalto tibetano (agora parte da China) no norte. O nome Himalaia ven do hindi hima = Neve + laya = Montaña.
As montañas máis altas do mundo, incluíndo o monte Everest (8.844,43, m), o K2 (8611 m) e o Kanchenxunga (8598 m), están situadas no Himalaia.
XeoloxíaSegundo a teoría de Tectónica de Placas, o Himalaia é o resultado de unha converxencia entre a placa Indo-Australiana e a placa Eurasiana. O movemento continuo desas placas indica que o Himalaia continua a aumentar de tamaño. Os xeólogos estiman que o Himalaia crecerá de 8 a 10 cm por ano se o movemento de placas fose o único factor. Existen aínda, no entanto, forzas de erosión que diminúen a altura das montañas. O crecemento medio do Himalaia é de aproximadamente 2.5 a 5 cm por século. HimalHimal é a palabra nepalesa para "altura", e é usada para denominar as varias regións do Himalaia. No Nepal, temos:
XeografíaO Himalaia esténdese sobre máis de 2.400 km no sentido dos paralelos xeográficos, desde o Nanga Parbat, no Paquistán, no oeste, até o Namche Barwa, no Tíbet, no leste. Estructuralmente componse de tres cadeas paralelas dispostas en rango de altitude e de período xeolóxico. A máis meridional e nova das cadeas é a denominada « Sub-Himalaia » (outeiros de Shivalik), e levántase até uns 1.200 metros de altitude. Creouse pola acción erosiva logo da formación do Himalaaa. En paralelo a esta cadea, e en posición intermedia, encontramos o « Baixo Himalaia », un cordal con alturas que oscilan entre os 2.000 e os 5.000 metros. Por último, a cadea máis septentrional é o « Grande Himalaia », que é tamén o cordal máis antigo dos tres. Este érguese a máis de 6.000 metros de altitude e comprende as cimas máis altas do mundo, das que as tres primeiras correponden ao Everest, o K2 e o Kanchenjunga. O Himalaa cubre a maior parte de Népal e Bhutan e ocupa case por enteiro o estado paquistaní de Balistan e os estados federais indios seguintes: Jammu, Kashmir (Cachemira), Himachal Pradesh, Uttaranchal, Sikkim e Arunachal Pradesh. O Himalaia cubre tamén unha pequena parte do sudeste do Tíbet, máis a maior parte deste país, formado polo altiplano tibetano, non forma parte do Himalaia. PaisaxeRecursos naturaisClimaEn altura, e a grandes trazos, no Himalaia pódese falar de tres tipos de clima: o pé das montañas é o dominio do clima tropical monzónico. En altura a uns 3.000 metros reina un clima temperado monzónico e a partir dos 5.000 a 6.000 metros é un dominio do clima alpino ou mesmo do polar. A banda meridional da cadea do Himalaia está rexida polos monzóns. O monzón de verán é un vento que procede do suroeste, que se carga de humidade e solta a súa chuvia sobre o oocidente do subcontinente indio e a zona sur do Himalaia, onde descarga por convección, ao ascender nas ladeiras montañosas. O monzón de inverno é un vento terral que procede do nordeste do continente; é un vento seco, árido. Flora e faunaDemografíaA superficie cuberta polo Himalaia abranxe uns 594.000 km2, que se estenden por oito países. Pero este enorme cordal forma parte dunha zona maior denominada Área do Hindu Kush-Himalaia, que comprende, entre outras rexións, as cadeas do Hindu Kush e o Pamir e as do Karakorum, estas últimas son unha prolongación do Himalaia por occidente. Este vasto conxunto montañosos acolle, nos inicios do século XXI, uns 140 millóns de persoas. Picos importantesSuperan os oito mil metros de altura os 14 seguintes:
Entre os que superan os sete mil metros:
Vexa tamén
Ligazóns externas
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.