Hidroponia

Article on other languages:

Ray Wheeler comprobando un cultivo hidropónico de cebolas. NASA

O termo hidroponia refírese ó cultivo de plantas sen terra, pero en termos xerais é unha técnica de cultivo que consiste de proporcionar á planta todo o que necesite para o seu desenvolvemento, de maneira artificial.

Formas posibles

En medio líquido: as raíces están mergulladas en solución nutritiva co pH constantemente regulado, así como a aireación e concentración de sales. Esta técnica non é moi recomendable para principiantes. Unha variante é a recirculación constante da solución nutritiva en contacto coa parte baixa da raíz; esta é a chamada Técnica de Película Nutriente (NFT, en inglés). A planta é sostida por medios mecánicos.

En substrato sólido inerte: parécese en moitos aspectos ó cultivo convencional en terra e é o máis recomendado para quen se inicia. En lugar de terra emprégase algún material denominado substrato, o cal non contén nutrientes e utilízase como un medio de sostén para as plantas, permitindo que estas teñan suficiente humidade, e tamén a expansión do bulbo, tubérculo ou raíz.

Aeroponia: as raíces se encontran suspendidas no aire, dentro dun medio escuro e son regadas por medio de nebulizadores, controlados por temporizadores. Tampouco é recomendada para principiantes.

More about Hidroponia: de foto hidroponia, que es hidroponia, con hidroponia invernaderos, que es la hidroponia, ciencias de facultad hidroponia quimicas, jitomate hidroponia, en hidroponia puerto rico, curso de hidroponia, hidroponia nutritiva solucion,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.