|
A expresión Guerra dos Cen Anos identifica unha serie de conflitos armados, rexistrados de forma intermitente, durante o século XIV e o século XV (1337-1453, de acordo coas datas convencionais), envolvendo a Francia e a Inglaterra.
A longa duración dese conflito explícase polo grande poderio dos ingleses dun lado e a obstinada resistencia francesa do outro. Foi a primeira gran guerra europea que provocou profundas transformacións na vida económica, social e política da Europa Occidental. Francia foi apoiada por Escocia, Bohemia, a Coroa de Castela e o Papado de Avignon. Inglaterra tivo por aliados aos flamengos, alemáns e portugueses. A cuestión dinástica que desencadeou a chamada Guerra dos Cen Anos superou o carácter feudal das rivalidades político-militares da Idade Media e marcou o teor dos futuros enfrontamentos entre as grandes monarquías europeas.
|