|
Article on other languages: |
En bioquímica, graxa é un termo xenérico para varias clases de lípidos, aínda que xeralmente se refire aos acilglicéridos, ésteres de glicerol e ácidos graxos. Estes últimos poden ser un, dous ou tres, e darán lugar a monoglicéridos, diglicéridos ou triglicéridos, respectivamente. Outros compoñentes das graxas de gran importancia serían, por exemplo, o colesterol e os fosfolípidos. As graxas están presentes en moitas formas de vida, e teñen funcións tanto estruturais como metabólicas (fundamentalmente, enerxéticas). O tipo máis común de graxa é aquel no que tres ácidos graxos están unidos á molécula de glicerina, recibindo o nome de triglicéridos ou triacilglicéridos. Os triglicéridos sólidos a temperatura ambiente son denominados como graxas, mentres que os que son líquidos, tamén son coñecidos como aceites. Os aceites son transformados en graxas artificialmente mediante hidroxenación para obter manteigas ou graxas hidroxenadas. Todas as graxas son insolubles en auga tendo unha densidade significativamente inferior (flotan na auga). Tipos de graxasAs graxas que inxerimos cos alimentos poden ser de orixe animal ou de orixe vexetal. As primairas están formadas principalmente por ácidos graxos saturados e adoitan ser sólidas a temperatura ambiente. As graxas de orixe vexetal adoitan ser líquidas (aceites) e habitualmente son máis ricas en ácidos graxos insaturados, moitos deles esenciais na nutrición ó non poder ser sintetizados no organismo. En función do grao de saturación dos ácidos graxos formantes da graxa (é dicir, do número de dobres enlaces na molécula), podemos distinguir entre:
Funcións das graxas
Ademais, as graxas cumpren numerosas outras funcións, como contribuír ó sabor e apeticibilidade dos alimentos, dar sensación de saciedade, etc. Noutra orde de cousas, forman o panículo adiposo que protexe aos mamíferos contra o frío. Ligazóns externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.