|
Article on other languages:
|
Gran Bretaña é a maior illa de Europa, situada no noroeste deste continente, entre o mar do Norte, o Golfo de Irlanda e o Canal da Mancha.
División PolíticaA illa conforma a maior parte do Estado de Reino Unido, e está dividida en tres dos países que o conforman: Inglaterra, no centro-sur da illa; Escocia, no norte; e Gales, no centro-oeste. HistoriaVer artigo principal: Historia de Gran Bretaña Esta illa é o centro do Reino Unido, e como tal, a súa historia avanza xunto a del. O sur de Gran Bretaña foi conquistado polos romanos. Durante as invasións bárbaras, foi invadida polos saxóns. Durante a Idade Media estivo dividida entre os actuais países que a conforman hoxe, cunha moi clara hexemonía sobre os demais de Inglaterra. Aínda que Gales pronto caeu no poder de Inglaterra, Escocia non se uniu a ela moito despois. Durante a Idade Moderna, o Reino Unido foi acadando cada vez máis poder, e na Idade Contemporánea converteuse no Estado máis poderoso do mundo, cando era chamada Imperio Británico, e foi onde primeiro chegou a Revolución Industrial, converténdose así esta illa nunha das rexións máis importantes do mundo. O ser unha illa axudou moito ó Reino Unido a defenderse do exterior, frustrando así os intentos de invasión doutros países: España durante o reinado de Filipe II, Francia durante o reinado de Napoleón, e Alemaña durante o seu bloqueo da I Guerra Mundial e durante a súa invasión aérea na II Guerra Mundial. PoboaciónA poboación é moi heteroxénea desde hai séculos nesta illa. RelixiónHai en Gran Bretaña unha división relixiosa: calvinistas e outros protestantes, anglicanos e católicos. A Idade Moderna foi moi convulsa para a illa debido ás persecucións relixiosas, e por esta razón houbo tantos emigrantes ingleses cara as terras extraeuropeas que tiña naquel momento o Reino Unido. EtniasTamén hai moita diversidade no sentido de razas e culturas, pois a parte de dividirse entre galeses, escoceses e ingleses, o feito de que Londres fora o centro dun inmenso imperio colonial atraeu durante o século XX a moitos inmigrantes das colonias, de orixen indio, africano, caribeño, etc. IdiomasHoxe en día, fálanse en Gran Bretaña catro linguas principais, á parte das que falan as comunidades de inmigrantes doutros países: o inglés, o galés, o escocés e o gaélico escocés, con moi claro predominio da primeira, pois fálase por practicamente toda a poboación, mentres que as outras tres son faladas por minorías mesmo en Gales e Escocia. CidadesInglaterraEscociaGales |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.