Golfo Pérsico

Article on other languages:

Golfo Pérsico

O Golfo Pérsico é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán. Trátase dun mar interior con preto de 233 000 km2, ligado ao Mar da Arabia ao leste polo Estreito de Ormuz e polo Golfo de Omán, e co seu limite a oeste marcado polo delta de Shatt al-Arab, chamado Arvand-Rood polos iranianos, onde desaugan os ríos Éufrates e Tigris.خليج فارس

Países con litoral bañado polo Golfo Pérsico, en orden horaria, son: [[iran ] Arabia Saudita, Qatar (que ocupa unha península avanzada sobre o golfo), Bahrein (unha illa no golfo), Kuwait, Iraq, e Irán. O Golfo Pérsico e as súas áreas costeiras son a máis rica e máis usada fonte de petróleo; as industrias derivadas da extracción e refino dominan a rexión. Existen diversas illas no golfo, algunhas das cales son contestadas por estados veciños.

Nomenclatura

O nome Golfo Pérsico foi emprestado de numerosas linguas antigas (inclusive o grego), sendo utilizado amplamente desde a Antigüidade, en razón de ter existido alí a nación-estado da Persia (onde hoxe é o Irán). A mediados da década de 1960, co xurdimento do nacionalismo árabe, os países da rexión pasaron a chamalo "Golfo da persian". O Irán, entón, enviou dúas peticións para as Nacións Unidas (en 1971 e 1984) exixindo o recoñecemento oficial da rexión como Golfo Pérsico. A maioría dos países denomina a rexión Golfo Pérsico, mais algúns países árabes usan o termo Golfo da persian ou simplemente o Golfo.

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.