Gnosticismo

Article on other languages:

O gnosticismo (do grego Γνωστικισμóς: gnostikismós; de Γνωσις: gnosis, «coñecemento») é un conxunto de correntes sincréticas filosófico-relixiosas que chegaron a mimetizarse co cristianismo nos tres primeiros séculos da nosa era, converténdose finalmente nun pensamento declarado herétio despois dunha etapa de certo prestixio entre as intelectuais cristiáns. En efecto, pode falarse dun gnosticismo pagán e dun gnosticismo cristián, aínda que o máis significativo pensamento gnóstico se acadou como rama heterodoxa do cristianismo primitivo.

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.