Washington cruza o Delaware
George Washington (Wakefield, condado de Westmoreland, Virxinia 1732-Mount Vernon 1799) foi o primeiro presidente dos Estados Unidos e heroe da independencia.
Washington era un rico cultivador de tabaco e enxeñeiro agrónomo. Serviu como oficial de milicias na guerra franco-india -contra os franceses- e dirixiu o ataque contra Fort Duquesne en 1758. Xurdidas as diferencias coa metrópole (Inglaterra, o rei Xurxo III subira aínda máis os impostos), propugnou a desobediencia civil primeiro e a emancipación despois.
O Congreso de Filadelfia nomeouno xeral en xefe do Exército Continental. Venceu ós xerais ingleses: Clinton, Cornwallis, Bourgoyne e Howe. Finalmente, en 1783, Inglaterra recoñeceu á Unión de Estados como novo país. En 1789, tralas primeiras eleccións, Washington gañou e foi nomeado presidente. En 1793 foi reelixido. Tralo seu segundo mandato retirouse á vida privada en Mount Vernon.
O seu goberno sentou as bases políticas e xurídicas do seu país e mostrouse contrario a toda intervención en Europa.
Un estado e a cidade capital daquel país levan o seu nome coma homenaxe.
 |
 |
Personalidades en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen outros artigos con biografías que tamén cómpre ampliar. |
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
|