George Orwell

Article on other languages:

George Orwell
Foto que aparece na acreditación de Orwell para a Branch of the National Union of Journalists (1933)
Profesión: Escritor
País: Reino Unido
Nado en: 25 de xuño de 1903
Lugar de nacemento: Motihari, Bihar, India
Faleceu en: 21 de xaneiro de 1950
Lugar: Londres Inglaterra

George Orwell é o pseudónimo do escritor inglés Eric Arthur Blair (Motihari, India, 25 de xuño de 1903 - Londres, 21 de xaneiro de 1950). É recoñecido como un dos mellores ensaístas do século XX, aínda que é especialmente coñecido por ser o autor de dúas novelas fundamentais do século XX: Animal Farm e 1984.

Índice

Biografía

Naceu en Motihari, Bihar, India, en 1903, e estudou no Eton College de Inglaterra grazas a unha bolsa de estudos. En decembro de 1921 ingresa nunha academia de Southwold en Suffolk para prerapar o seu ingreso na policía. Prestou os seus servizos na Policía Imperial India destinado en Birmania, de 1922 a 1927, data en que voltou a Inglaterra.

Enfermo e loitando por abrirse camiño como escritor, viviu varios anos na pobreza, primeiro en París e máis tarde en Londres. Como resultado desta experiencia escribiu o seu primeiro libro Down and Out in Paris and London (1933), onde relata as sórdidas condicións de vida das xentes sen fogar. Burmese Days (1934), un feroz ataque contra o imperialismo, é tamén en gran medida unha obra autobiográfica. A súa seguinte novela, A Clergyman's Daughter (1935), conta a historia dunha solteirona infeliz que atopa de xeito efémero a súa liberación vivindo entre os labregos.

En 1937, durante a Guerra civil española, Orwell loitou na fronte de Aragón coa 29ª División, formada pola milicia do POUM trotskista. Durante a ofensiva de Huesca recibiu un balazo na gorxa, o que o obrigou a retirarse da guerra. Despois pasa seis meses en Marrocos para recuperarse da ferida. O autor describe a súa experiencia bélica en Homage to Catalonia (1938), un dos relatos máis conmovedores escritos sobre esta guerra e no que se fai responsable ó Partido Comunista de España (PCE) e á Unión Soviética da destrución do anarquismo español que supuxo o triunfo das tropas de Franco. The Road to Wigan Pier (1937), escrita nesta mesma época, é unha crónica desgarradora sobre a vida dos mineiros sen traballo no norte de Inglaterra.

A súa condena da sociedade totalitaria queda brillantemente plasmada nunha enxeñosa fábula de carácter alegórico, Rebelión na granxa (1945), baseada na traizón de Stalin á Revolución Rusa, así como na novela satírica 1984 (1948). Esta última ofrece unha descrición estarrecedora da vida baixo a vixilancia constante do "Grande Irmán".
Cabe citar entre outros escritos, a novela Keep the Aspidistra Flying (1936) e Shooting an Elephant (editado en 1950 xunto con outros ensaios), ambas consideradas modelos da prosa descritiva, e unha recompilación de ensaios editada en 1953, como un recordo dos seus difíciles anos de estudante. En 1968 publicáronse en catro volumes os seus Ensaios Completos: Periodismo e Cartas.
Orwell morreu de tuberculose en xaneiro de 1950.

Bibliografía

Unicamente Animal Farm está traducido ó galego por Antón López Dobao. Foi publicada por Edicións Positivas en 1992 como A revolta dos animais. Unha historia fantástica.

Libros

Ensaios

Poemas

Ligazóns externas

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:


More about George_Orwell: animal farm george orwell, animal farm by george orwell, 1984 by george orwell, george orwell biography, george orwell 1984 summary, george orwell essay, burma finding george in orwell, george orwell quote, george orwell shooting an elephant,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.