Gato

Article on other languages:

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gato (homónimos).
Gato
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: Felis (xénero)
Nome científico
Felis silvestris catus
Felis silvestris domesticus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O gato (Felis silvestris catus) é un mamífero doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe espesa e suave. Creese que o gato salvaxe africano (Felis silvestris lybica) é o seu ancestro máis inmediato.

Características

O gato doméstico (Felis silvestris domesticus) oscila normalmente entre os 3 e os 8 kg de peso. Algúns gatos, coma os da raza ragdoll, poden pesar máis de 8 kg. Os gatos domésticos viven uns 15 anos se reciben bos coidados, pero o gato máis lonxevo documentado viviu 34 anos. Na rúa, suxeitos a presións pola comida, o territorio e as enfermidades, os gatos non acostuman vivir máis de dous anos.

Os gatos teñen unha gran variedade de pelaxes e cores, aínda que a grandes trazos sóese distinguir entre razas de pelo longo e de pelo curto. Como curiosidade, a raza sphinx non ten pelo. A gran maioría de gatos no mundo (99%) son de raza mixta, e o 1% restante son de raza pura [Cómpre referencia]. Algúns destes últimos participan nas innumerables exposicións de gatos que se realizan en diversos lugares.

O rabo serve para manter o equilibrio, e pode variar moito en tamaño. Nos gatos da raza manx é inexistente. Os seus dentes e poutas están adaptados ao seu estilo de vida carnívoro.

As femias están preñadas 55 días e paren entre 2 e 6 gatiños, aos que dan de mamar entre 3 e 4 semanas. Os gatiños nacen cos ollos pechados, e así permanecen os primeros días de vida.

Con relación ao seu tamaño, os gatos ben poden ser o mellor dos depredadores cunha taxa de éxito que rolda o 90%. O gato ten unha arquitectura corporal que lle dá enorme flexibilidade, resistencia e forza. Pode cazar e comer máis de cen especies distintas, e utiliza as técnicas de depredación dos demais felinos: axexar con paciencia, turrar con rapidez e propinar unha trabada certeira á caluga da presa que lle rompa a medula espinal ou a asfixie.

Galería de imaxes de gatos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


More about Gato: gato fedorento, don gato, gato persa, el gato, gato negro, el gato negro, una de gato, el gato volador, gato libre,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.