|
Article on other languages:
|
Unha galaxia é un grande aglomerado de millóns de estrelas e outros obxectos astronómicos (nebulosas de varios tipos, aglomerados estelares, etc.), unidos por forzas gravitacionais e xirando en torno dun centro de masa común.
A visión dos pobos antigosNa mitoloxía grega, a Via Láctea, galaxia onde orbita o sistema solar, orixinouse despois de que Hércules apertara con forza o seo da súa nai, Xuno, mentres era amamantado. Xa os seguidores de Pitágoras imaxinábanna constituída por fogos. Outras escolas antigas, consideraban a Via Láctea o antigo camiño do Sol, tal como os ríos deixan súas marcas ao mudar o seu rumbo, a súa marcha permanecía comprobada por un sen fin de ardentes rastros. Século XVIIIAta o inicio do século XVIII coñecíase somente a Via Láctea. Por este motivo, moitos astrónomos aínda lle chaman na actualidade Galaxia, con maiúscula. A partir daquela época ata a actualidade, iniciouse o descubrimento dunha cantidade inmensa deses sistemas. En función da cantidade descuberta foron adoptados catálogos utilizando códigos alfanuméricos, isto é, formados por letras e números. A visión actualActualmente, denomínase galaxia un sistema astral composto de numerosos e variados corpos celestes, sobre todo estrelas e planetas, con materia gasosa dispersa, animado por un movimento harmonioso. No Universo coñecido, as galaxias son os conxuntos máis complexos do Cosmos, nas que o comportamento e a interacción gravitacional abrangue grupos considerados locais (non confundir coa designación Grupo Local) e grupos distantes. Por exemplo, a galaxia onde se atopa o Sistema Solar, forma parte dun deses agrupamentos, bautizado como Grupo Local, que inclúe a Via Láctea aglomerada con perto de 18 galaxias máis, entre as cales se atopa Andrómeda e varias galaxias-satélites de ambas e outras menores. A morfoloxía das galaxiasAs galaxias dividense en varios tipos morfolóxicos diferentes segundo a estrutura que presentan. A técnica de clasificación morfolóxica utilizada na súa tipoloxía é primitiva, en virtude do seu carácter meramente descritivo. Galaxias espiraisAs Galaxias espirais son galaxias que presentan grandes brazos de estrelas e nubes de poeira. Estes parecen enrolados en forma de láminas de hélice en espiral (helicoides) partindo dun centro denso chamado “núcleo central”. Cando a súa conformación helicoidal é normal, son distinguidas polos astrónomos coa letra S de Spiral.
Considerase que a Via Láctea se asemella bastante á galaxia de Andrómeda, de forma espiral e de tipo é SB (Espiral en barra), e que ambas teñen na súa estrutura dúas partes principais, ou sexa, o seus discos ou núcleos, teñen a forma dunha lente, con densidade estelar bastante alta, e o halo, ou rexión máis externa, dunha densidade difusa. Galaxias elipticasNa tipoloxía das Galaxias elípticas, aínda están inseridas as Galaxias circulares. Ambas son designadas polos astrónomos coa letra E, e un número comprendido entre 0 e 7. A función deste número é expresar a excentricidade da elipse ou a diferenza relativa entre o seu raio maior e o raio menor (no caso das galaxias circulares usase normalmente a identificación E1). Galaxias irregularesAs galaxias irregulares son designadas como Irr polos astrónomos. Non posúen forma definida e algunhas están formadas por deseños e coloracións extrañas, surrealistas. As causas da irregularidade no formato destes sistemas son descoñecidas, así como as causas dos outros tipos morfolóxicos. Algúns astrónomos atribúen a irregularidade de formato ás forzas gravitacionais que aínda non formaron un patrón xiroscópico, o que levaría á suposición de que estas galaxias serían relativamente novas. A Via LácteaA Via Láctea é unha gran galaxia espiral e o Sol atópase hoxe en día nun dos seus brazos espirais. Tamén a Galaxia de Andrómeda é unha galaxia espiral. As dúas maiores galaxias-satélite da Via Láctea (a Grande Nube de Magalláns e a Pequena Nube de Magalláns), son ambas galaxias irregulares. O estudo das GalaxiasA formación das galaxias é un dos obxectos de estudos da cosmoloxía. A teoría máis común sobre a formación é de que, despois do big bang, formáronse os gases; durante o proceso de esfriamento xuntáronse en nubes baixo a influencia da gravitación, e desas nubes orixináronse as galaxias.
More about Galaxia: sailor galaxia, galaxia game, galaxia night club, galaxia gay gratis, galaxia coral, galaxia video game, radio galaxia, galaxia game download, la galaxia, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.