Framboeseiro

Article on other languages:

Framboeseiro
Framboesas vermellas
Framboesas vermellas
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Rosoideae
Tribo: Rubeae
Xénero: Rubus
Subxénero: R. subg. Idaeobatus
Especie: R. idaeus
Nome binomial
Rubus idaeus
L

O framboeseiro (Rubus idaeus) é unha planta que crece particularmente en claros de bosques ou prados, en especial onde o lume ou as talas deixaron un espazo aberto para que medre esta colonizadora oportunista. É de fácil cultivo e ten tendencia a estenderse a menos que se manteña baixo control. Prefire chan profundo e acedo pois os calcáreos producen clorose.

O seu froito é a framboesa unha polidrupa de sabor forte e doce vermella, que sae durante o verán tardío ou o outono temperán. Esta froita do bosque é parecida á amora pero máis pequena e branda.

A framboesa negra (Rubus occidentalis) e a framboesa azul (Rubus leucodermis) son oriúndas de América. En Asia (desde India até China) existen ao redor de 180 tipos de framboesas aínda non catalogados.

Actualmente existen dúas cruces de R.idaeus con especies americanas R. occidentalis. Destas cruces obtivéronse diferentes variedades para mellorar a produción de froito, que chega ás dúas colleitas anuais (floración de primavera e estival).

Entre outros nutrientes, estas froitas conteñen cantidades considerables de ácido eláxico, unha sustancia que segundo os actuais estudos, podería ser beneficiosa na quimioprevención de certos tipos de cancro. As framboesas escuras (negras e azuis) conteñen cantidades considerables de antocianina -igual como o ácido eláxico un biofenol- que se aplica contra os radicais libres de osíxeno, os que provocan a dexeneración de células e dos órganos en mamíferos e humanos. Estudos da Ohio State University dirixidos polo Prof. Gary Stoner levaron á presentación dunha solicitude de patente nos Estados Unidos respecto dos usos do ácido eláxico e a antocianina para combater a dexeneración de órganos e de diferentes tipos de cancro.

Nome común

  • Castelán: chordonera, frambueso, sangüeso.
  • Catalán: gerdera, gerdonera.
  • Euskera: masusta-gorri,mugurdi.

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.