|
Article on other languages:
|
O Fondo Monetario Internacional ( en inglés International Monetary Fund, que acostuma abreviarse como FMI en galego e como IMF en inglés) é, xunto con o Banco Mundial, unha das organizacións internacionais denominadas de Bretton Woods, así ditas pola sede da Conferencia que sancionou a súa creación. O Acordo Constitutivo adquiríu eficacia en 1945 e ambas organizacións naceron en maio de 1946. Actualmente os Estados membros son 184. O FMI configúrase como unha institución especializada das Nacións Unidas. A súa sede radica en Washington, E.U.A. A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, considerado un dos pilares da globalización económica e dos promotores do denominado Consenso de Washington (Washington Consensus: conxunto de políticas de inspiración neoliberal que se levan a cabo, nomeadamente polos Estadous Unidos de América).
Fins estatutarios do FMINo artigo 1º do Acordo Constitutivo están definidos os obxectivos do FMI:
Estrutura organizativa do FMIOs órganos principais do FMI son o Consello de Gobernadores (Board of Governors) de composición plenaria; o Consello Executivo ), composto de 24 Directores Executivos (Executive Directors) e o Director Operativo (Managing Director). O FMI dispón dun capital posto a disposición dos seus membros e o voto dentro dos seus órganos é ponderado, en razón da cota devengada ao Fondo. Isto fai que, para tomar as decisións máis importantes, son precisas maiorías moi altas (os 2/3 ou os 3/4 dos votos); os Estados Unidos de América e o grupo dos principais países da Unión Europea posúen de feito o poder de veto. Diferencias entre o FMI e o Banco MundialHa certas confusións entre o FMI e o Banco Mundial. O FMI está encargado dos balances comerciais dos Estados membros con auditoría independente, ademais das funcións sinaladas arriba. O Banco Mundial, fai empréstimos a longo prazo, con propósitos xerais; como banco de investimento é un intermediario entre os soilicitadores (gobernos ou países) e os prestatarios (corporacións ou individuos). O FMI só realiza empréstimos cando os seus países membros necesitan estabilizar as súas economías ou as taxas de cambio con certa rapidez, e estes empréstimos han ser pagados nun prazo de 5 anos. Directores AdministrativosNo é unha regra oficial, mais os directores administrativos do FMI acostuman ser europeos, e o presidente do Banco Mundial, norteamericano.
Véxase taménOrganización das Nacións Unidas Conferencia de Bretton Woods |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.