|
Article on other languages:
|
Folla de loureiro
En botánica, as follas son órganos das plantas especializados na captación de luz e nos intercambios gasosos coa atmosfera para realizar a fotosíntese e a respiración. Con raras excepcións, en xeral asociadas a plantas de climas áridos, as follas tenden a maximizar a superficie en relación ó volume, para así aumentar ben a área da planta exposta á luz, ben a área da planta onde os intercambios gasosos son posibles por estar exposta á atmosfera. Especies diferentes de plantas teñen follas diferentes e incluso unha mesma especie pode presentar follas de formas diferentes en idades distintas (como é o caso do eucalipto ou da acacia de madeira negra). Tamén existen varios tipos especializados de follas, con fins diferentes dos das follas comúns, como por exemplo os pétalos das flores. Este artigo concéntrase nas folla das plantas vasculares, as únicas que posúen "verdadeiras" follas. As restantes plantas verdes, coma os musgos, posúen órganos equivalentes, pero con estrutura e, ás veces, denominacións diferentes.
Folla do pexegueiro
Anatomía das follas das plantas vascularesDesde o punto de vista da histoloxía, ou sexa, dos tecidos e outras formacións da folla, este órgano está formado por:
Os intercambios gasosos entre a folla e o medio ambiente son efectuados principalmente por medio de pequenos orificios na epiderme chamados estomas, formados por dúas células en forma de feixón, e que poden controlar a abertura, por exemplo para reducir a transpiración. Os estomas son xeralmente máis numerosos na parte inferior da folla.
Folla de roseira
Moitas plantas presentan na epiderme (non só das follas, senón tamén do talo ou das flores) apéndices formados por tricomas, ou sexa "cabelos" que poden ser uni- ou multicelulares e poden ter orixe non só na epiderme, senón tamén noutros tecidos da folla. O conxunto destes apéndices chámase indumento. Algunhas destas estruturas poden ter funcións especiais como, por exemplo, a produción de compostos químicos que poden servir para protexer a planta contra os animais ou para os atraer e, por exemplo, facilitar a polinización). O interior da folla - mesófilo - está formado por parénquima, un tecido de células semellantes e moi permeables que posúen normalmente gran cantidade de cloroplastos. Neste caso o tecido pasa a chamarse clorénquima. A función principal deste tecido é realizar a fotosíntese e producir as substancias nutritivas que permiten a vida da planta. Pero este tecido pode tamén posuír células especializadas na reserva de auga ou outros fluídos -follas carnudas-, como as das crasuláceas. O mesófilo pode estar formado por dous tipos diferentes de parénquima:
As canles dos estomas atravesan a estacada e terminan no tecido esponxoso. A cor das follas pode variar, de acordo cos pigmentos existentes nas súas células. Estas diferentes coloracións poden ser características da propia especie ou variedade, pero tamén poden estar causadas por un virus ou por deficiencias nutritivas. Nos climas temperados e boreais, as follas de moitas especies poden mudar de coloración coas estacións do ano e caer -follas caducas- na época en que existe menos luz e na que a temperatura é baixa; a planta sen follas pasará o inverno nun estado de metabolismo reducido, alimentándose das reservas nutritivas que tivese acumulado. No interior das follas das plantas vasculares existen ademais nervuras onde se encontran as canles por onde circula a saiba, os tecidos vasculares, o xilema e o floema. Forma das follas das plantas vascularesA forma das follas é xeralmente característica das especies e axuda na súa identificación. As formas típicas de folla das plantas vasculares son:
A forma da marxe tamén mostra algunhas variantes:
A lámina das follas tamén pode encontrarse dividida en folíolos, pinas ou pínnulas iguais (follas compostas), como son os casos das frondes (follaxe das palmeiras e dos fentos). Nestes casos, o eixo da folla, ou sexa, a nervura central pode ser máis grosa, formando un raquis. As follas compostas tamén poden ser palmiformes, cando as pinas saen todas do mesmo pecíolo (como na mandioca). Formas de inserción das follas das plantas vascularesSegundo a súa inserción no talo, as follas poden ser:
Adaptacións especiais das follasAlgunhas plantas, coma os cactos, teñen as follas transformadas en espiños. Nestes casos son os talos, carnudos e chatos, os que exercen a función fotosintética. As follas dos talos subterráneos (as da cebola, por exemplo) poden estar transformadas en órganos de reserva de nutrientes. O caso máis extremo parece ser o das plantas carnívoras. Nelas a folla está transformada nunha trampa, coma se dun predador se tratase. Véxase
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.