|
Article on other languages:
|
O fiúncho, fiollo ou fieiteiro (Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña.
DescriciónO fiúncho é unha planta herbácea e erecta, dunha cor verde intensa, e pode chegar a acadar os dous metros de altura. As súas follas son longas e delgadas, acabando en segmentos en forma de agulla, que se endurecen exteriormente no verán para evita-la perda de auga. As flores aparecen en ramiños de 20 a 50 flores sobre pedúnculos curtos. EmpregoA planta emprégase comunmente na cociña típica de Andalucía e sobre todo na confección de encurtidos, aliños e salsas, por aportarlle un típico arrecendo semellante á menta. PropiedadesEn herboristerías considérase unha planta con propiedades diuréticas; cultívase para extraer a parte inferior que ten unha especie de cebola. Insulto italianoNa actualidade, en Italia emprégase tamén o insulto finocchio cos significados de home efeminado ou homosexual. A orixe desta aldraxe provén da Idade Media, cando o Tribunal eclesiástico da Inquisición queimaba na fogueira ós homosexuais (entre outros e outras) e cubría á vítima coas follas frescas do fiúncho para que o suplicio durase máis tempo. O fiúncho na cultura popular
Ligazóns externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.