Fariñento

Article on other languages:

Fariñento

O fariñento (Chenopodium album), tamén coñecido como fariñón, farnelo ou farnento, é unha planta da familia das amarantaceas, moi común nos países de clima temperado. Medra en chans ricos en nitróxeno e aparece como mala herba no medio dos cultivos.

As súas follas son verdes por riba e cincentas polo envés, de onde lle vén o nome. As partes verdes aprovéitanse fervidas xunto coas sementes para enriquecer a fariña dos cereais. Tamén poden ser comidas crúas.

C.album

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.