Fútbol

Article on other languages:

O atacante austríaco Rubin Okotie tenta marcar un gol contra o equipo do Congo, no Campionato Mundial de Fútbol Sub-20 2007. Foto obtida no Commonwealth Stadium, en Edmonton, Alberta, no Canadá.

O fútbol (tamén chamado balompé ou oficialmente fútbol asociado -associated football-) é un deporte por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ao número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fùtbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van acotío ó estadio pra apoiar ó seu equipo favorito. Os países de Europa, África e Sudamérica son os que dominan o xogo a nivel internacional.

A FIFA é o organismo encargado de organiza-lo fútbol a nivel mundial, e para facilitar ese traballo, creou diversas organizacións continentais. Así, temos en Europa á UEFA; en África á CAF; en América do Norte, Central e Caribe, CONCAF (antes CONCACAF); e en Sudamérica á CONMEBOL.

Verbo das competicións a nivel mundial, o torneo máis relevante é o Copa do Mundo, polo que a seleccións nacionais se refire. En canto a clubs, pódese seguir considerando como torneo máis importante a Copa Intercontinental, que enfrenta ó campión de Europa e ó campión de Sudamérica. Sen embargo, a creación do Campionato do Mundo de Clubs da FIFA, o Mundialito, faría que se puidera considerar como o máis importante, xa que participan os mellores equipos de cada federación continental. Nembargantes, só se disputou unha edición e a segunda tivo que ser suspendida, polo que a súa consolidación está lonxe de realizarse.

Índice

Nome

O nome fútbol asociado empregouse por vez primeira cando a Asociación de Fútbol estableceu as regras do xogo, para distinguilo das moitas versións de fútbol que existían entón. A palabra soccer (denominación que recibe o fútbol en inglés) é unha abreviación coloquial do termo Association e apareceu nos anos 1880. A súa orixe débese a un estudiante de Oxford chamado Charles Wreford Brown, quen xogou para a selección inglesa e chegou ó posto de vicepresidente da Asociación de Fútbol. O termo fútbol asociado case non se usa na actualidade, mais algúns equipos e institucións aínda o empregan nos seus nomes oficiais.

A finais do século XIX, soccer era a verba coas que as clases altas se referían ao xogo, practicado nas escolas privadas, namentres que a clase traballadora empregaba o termo fútbol. O deporte chegou ó resto do mundo grazas ós inmigrantes británicos e os países que recibiron ó deporte adoptaron o termo inglés. Así, pasou a ser fußball en alemán, voetbal en holandés, fotbal nas linguas escandinavas, futebol en portugués e fútbol en castelán. En francés, a verba non se modificou e a actividade coñecese como le football (con frecuencia abreviado a le foot), aínda que en Quebec coñécese como le soccer. En Italia, un ritual da corte florentina coñecido como il calcio storico era semellante abondo ó deporte, e decidiron emprega-la verba calcio para nomear á actividade.

En Gran Bretaña, ó fútbol chámaselle coloquialmente footie.

Hoxe en día, a verba soccer é empregada polos países anglofalantes que desenvolveron as súas propias regras para o fútbol. Estas non gardan relación coas regras do fútbol asociado, senón coas do seu antepasado común. Os seguintes países son os que teñen as súas propias regras para o fútbol:

Historia do fútbol

Artigo principal: Historia do fútbol.

Aínda que se coñecen indicios de deportes semellantes nas civilizacións prehispánicas de América, ou en China e Xapón, o fútbol moderno tivo a súa orixe en Inglaterra no século XIX, e foise extendendo paulatinamente ó resto dos países europeos. A FIFA créase nos primeiros anos do século XX, e a partires de aí a súa popularidade medra imparablemente. En 1928, a FIFA decide crear unha competición mundial de seleccións nacionais e acorda que se celebre en Uruguai, que era a campiona olímpica, en 1930.

As regras do xogo

Artigo principal: Regras do fútbol.
Paris Saint Germain - Caen, no estadio do Parque dos Príncipes en París.

As regras oficiais do fútbol divídense en dezasete epígrafes:

  • 1.O terreo de xogo
  • 2.O balón
  • 3.O número de xogadores
  • 4.A equipación dos xogadores
  • 5.O árbitro
  • 6.Os asistentes do árbitro
  • 7.A duración do partido
  • 8.O inicio e reanudación do xogo
  • 9.O balón en xogo ou fora de xogo
  • 10.O gol
  • 11.O fora de xogo
  • 12.Faltas e sancións
  • 13.Tiros libres
  • 14.Penaltis
  • 15.Fora de banda
  • 16.Saque de porta
  • 17.Saque de esquina

Coma resumo, pódese dicir:

Nun partido de fútbol enfréntanse dous equipos formados por 10 xogadores e un porteiro cada un. Dise que un equipo mete un gol cando o balón traspasa totalmente a liña de gol da portería contraria. O obxetivo do xogo é marcar máis goles có contrario.

O único xogador que pode toca-lo balón coas mans durante o xogo é o porteiro ou gardamallas, sempre e cando se manteña dentro da súa área (zona próxima á portería).

O tempo de xogo divídese en dous períodos de 45 minutos separados por un descanso de 15. Dependendo das interrupcións acontecidas ó longo do período de xogo o árbitro pode engadir uns minutos en cada un dos tempos.

Equipos

Competicións

Momento do lanzamento dunha pena máxima, acadando un gol

Seleccións

Clubes

A nivel internacional:

A nivel nacional:

Xogadores míticos

Xogadores galegos destacados

Véxase tamén

Ligazóns externas


More about F%C3%BAtbol: caricaturas fã tbol, americano cascos de fã tbol, fã tbol americano, resultados de fã tbol,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.