|
Article on other languages:
|
A capital é a cidade de Cairo, unha das máis populosas de África.
Historia
Política
O Exipto é unha república unitaria e presidencialista cuxo presidente, como xefe de Estado e comandante supremo das forzas armadas do país, representa ao poder executivo elixido mediante plebiscito popular para un período de seis anos, podendo ser elixido unha única vez. Hosni Mubarak é presidente desde 14 de Outubro de 1981. O Exipto foi o primeiro país árabe en establecer a paz con Israel despois da asinatura dos acordos de Camp David.
Aínda que aparentemente o poder organízase baixo un sistema multipartidista, na práctica por máis de cincuenta anos o presidente elixiuse en eleccións cun só candidato. Exipto tamén celebra eleccións parlamentarias multipartidistas de xeito regular. En febreiro de 2005 o presidente Hosni Mubarak anunciou a reforma da lei para a elección presidencial, de maneira que nas eleccións de 2010 haberá varios candidatos, por primeira vez desde 1952 e limítase o mandato a sete anos con só dúas lexislaturas. Subdivisións
Exipto está dividido en 27 gobernaciones ou provincias (muhafazah; en singular muhafazat). En orde alfabética son:
Xeografía
O río pricipal é o Nilo, que atravesa o país correndo do sur ó norte, desmbocando na delta do Nilo sobre o Mar Mediterráneo. Un dos brazos do delta chega á milenaria cidade de Alexandría, fundada por Alexandre Magno. Alén da capital, Cairo, as outras cidades importantes do Exipto son Alexandría, al-Mansurah, Asuán, Asyut, El-Mahalla El-Kubra, Gizé, Hurghada, Luxor, Kom Ombo, Port Safaga, Porto Said, Sharn el Sheikh, Shubra-El-Khema, Suez e Zagazig. O Exipto inclui partes do deserto do Sahara e do deserto Libio, onde existen alguns oasis, como o oasis de Bahariya, o de Dakhleh, o de Farafra, o de Kharga e o de Siwa. O Exipto fai fronteira coa Libia a oeste, o Sudán ao sur e Israel a nordés. O país controla o canle de Suez, que liga o Mediterráneo ao mar Vermello. O papel importante que Exipto desempeña na xeopolítica vén da súa posición estratéxica como ponte terrestre entre a África e mais Asia e como ponto de pasaxe entre o Mediterráneo e o océano Índico. Economía
O Exipto ten un PIB de aproximadamente 200.000 millóns de dólares, segundo o método Paridade de Poder de Compra (PPP). A riqueza de Exipto, desde a máis remota antigüidade, baséase na agricultura, e os campos fertilizábanse co limo das crecidas anuais do Nilo. As reformas agrícolas de 1952 e 1961 e a construción da presa de Asuán, provocaron unha revolución agrícola que aumentou a produción, pero trouxo múltiples problemas: Ao abonarse con produtos químicos e non polas crecidas do río, estase afectando o equilibrio biolóxico da zona, producíndose unha salinización do chan e aparecendo novos parásitos. O cultivo de maior importancia é o algodón. Exipto é predominantemente un país agrícola, pois ao redor de 40 por cento da forza laboral dedícanse aos cultivos agrícolas ou gandeiros. A economía de Exipto se socializoú tras a promulgación dunha serie de leis a comezos de 1961. O patrón de propiedade da terra foi moi alterado polo Decreto de Reforma Agraria de 1952, que limitaba as explotacións individuais a unhas 80 hectáreas, cifra revisada en 1961 a preto de 40 hectáreas, e revisada de novo a unhas 20 hectáreas en 1969. As terras requisadas polo goberno distribuíronse entre os campesiños (fellahin), pero segue habendo grandes diferenzas económicas entre a clase media e os agricultores. Os programas gobernamentais ampliaron as zonas de cultivo mediante a rexeneración, o regadío (sobre todo desde a terminación da presa de Asuán, en 1970), e a utilización de tecnoloxía avanzada, como equipos mecanizados e fertilizante químicos. O rendemento das terras agrícolas de Exipto están entre as máis altas do mundo. Exipto é un dos principais produtores mundiais de produtos básicos de algodón; a produción anual de fibra de algodón era dunhas 300.000 toneladas métricas, a principios de 1990. O clima cálido e a abundancia de auga permiten ata tres colleitas ao ano, dando abundantes colleitas agrícolas. Nos anos 1990 o valor estimado anual de produción en millóns de toneladas métricas, como arroz (3,9), tomates (4,7), trigo (4,6), millo (5,2), cana de azucre (3,1), patacas (1,8), e laranxas (1,7). Tamén se cultiva unha ampla variedade doutras froitas e hortalizas. A principal industria gandeira de Exipto é a cría de animais de carga. O gando a principios do decenio de 1990 incluía uns 3 millóns de cabezas de gando vacún, 3 millóns de búfalos, 4,4 millóns de ovellas, 4,8 millóns de cabras, 1,6 millóns de asnos, e 40 millóns de aves de curral. Exipto posúe importantes xacementos de petróleo e gas, pero a industria máis explotada é o turismo, xa que as pirámides e reliquias desta civilización milenaria atraen a moitas persoas todos os anos. É unha das economías máis estables da rexión, cun PIB por habitante de 4.274 dólares (datos de OMS para 2004). A unidade monetaria é a libra exipcia, que se divide en 100 piastras; circula cos seguintes valores:
Cambio oficial:
Durante os últimos 40 anos, o goberno exipcio adoptou estratexias que van dunha economía de orde soviética a unha economía de mercado, con varias variantes entre ambas, predominando para rematar as tendencias socialistas moderadas intentado facer prosperar ao país. Hai un sector público forte cuxa ineficacia intenta combater o Goberno. As industrias máis produtivas son téxtil, fertilizantes e produtos de caucho e cemento. Hai algo de industria pesada e varias plantas de ensamblaje de automóbiles. Os socios comerciais principais do país son EE.UU e algúns dos países da Unión Europea (Alemaña, Francia, Italia e o Reino Unido). Os cambios radicais no anterior bloque soviético, que era o mercado principal de Exipto, tiveron un gran impacto na economía, aínda que despois o país converteuse no segundo país en recibir axuda de EE.UU., tras Israel; entre 1994 e o 2004 Exipto recibiu uns 2000 millóns de USD por ano de axuda de EE.UU Exipto tiña en 1990 serios desequilibrios económicos tanto internos como externos: unha estrutura industrial organizada por Nasser de titularidade pública, sobredimensionada, obsoleta e de moi baixa produtividade. Un sector agrario rígidamente controlado polo estado con prezos intervidos e deficitarios. Para rematar, un sector exterior deficitario e baseado nas exportacións de produtos enerxéticos, as remesas de emigrantes, os ingresos da canle de Suez e o turismo, todo iso sostivera o desenvolvemento na década de 1970, pero era sensible ao novo terrorismo dos integristas islámicos. Así mesmo, o déficit público era practicamente insostible e xerador de inflación e o país apenas podía facer fronte á situación xurdida tras a explosión da crise da débeda nos anos oitenta, que tan seriamente afectou a case todos os países en vías de desenvolvemento. En 1991, o goberno elaborou un programa e propuxo varias medidas:
Demografía
Cultura
Ver tamén os artigos sobre literatura exipcia e literatura copta.
Véxase tamén
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.