|
Article on other languages:
|
Mapa das rexións de Europa: ██ Europa do norte ██ Europa occidental ██ Europa do leste ██ Europa meridional
A Europa do Norte é a rexión setentrional do continente europeo. Ó longo do tempo foi definida de diversos xeitos, aínda que hoxe en día adoita definirse como o conxunto dos seguintes países e rexións:
Antes do século XIX, o termo “nórdico” adoitaba empregarse para definires ó relativo ó norte de Europa, o cal incluía ós países nórdicos, á parte europea de Rusia, ós países bálticos (que naquela época estaban formados pola Livonia e a Curlandia) xunto coa Grenlandia. En tempos máis antigos, cando o continente estaba dominado polas culturas do Mediterráneo (como o Imperio Romano), as áreas de Europa alonxadas daquel mar xeralizábanse dentro do grupo do Norte de Europa, incluíndo o que posteriormente converteríase en Alemaña, nos Países Baixos e na Austria. O termo de “Europa do norte” para referirse a dita rexión segue a empregarse hoxe en día nalgúns contextos. Na idade media, o térmo Thule empregábase para designar un lugar semimítico no norte do continente. No contexto da Unión Europea: Dinamarca, Suecia, Finlandia, Alemaña, Bélxica e os Países Baixos son a míudo vistos como as nacións que conforman a rexión norte de Europa. Danevirke e a Canle da Mancha adoitan ser consideradas liñas divisorias entre a Europa do norte e o resto do continente dende que, no oeste, a maior parte da área ó sur das mesmas foi gobernada algunha vez polos francos durante o reinado de Carlomagno, mentras que a maioría dos territorios atopados no norte pertenceron nalgún tempo ó Reino de Inglaterra durante o goberno de Canuto II. Aclaracións
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.