|
Article on other languages:
|
Os Eumetazoos ou (Eumetazoa) son os animais que presentan tecidos propiamente ditos; comprenden a totalidade dos metazoa, coa única excepción dos Parazoa (as esponxas, nas que en lugar de tecidos existe unha organización similar a unha colonia), os extintos Archaeocyatha, os Phagocytellozoa ou Placozoos, e os Mesozoos. Os eumetazoa caracterízanse por ter capas xerminativas, como son o ectodermo, endodermo e opcionalmente mesodermo, por formar auténticos tecidos a partir da especialización celular, pola posesión de órganos, e por ter unha cavidade dixestiva limitada por un orificio bucal, que pode perderse por adaptación ao parasitismo. Dentro dos eumetazoa, a maioría pertence a rama dos Bilateria. Fóra deste só contan dous filos que presentan simetría radial, carecen de órganos propiamente ditos e teñen cavidades dixestivas cunha soa abertura, que cumpre funcións tanto de inxestión como de excreción. Estos son os Cnidaria, (que abarca as anémonas, os corais e as medusas) e os Ctenophora. Os Bilateria, pola súa banda, presentan simetría bilateral, órganos diferenciados e un corpo triploblástico, coas tres capas xerminativas ben diferenciadas.
Clasificación
Véxase taménOutros artigosBibliografíaLigazóns externas
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.