|
Article on other languages:
|
Vaíña da semente do eucalipto
Eucalipto é a designación dada a varias especies vexetais do xénero Eucalyptus. Son árbores (nalguns casos raros, arbustos) autóctonos de Australia. O xénero inclúe máis de 600 especies. A maioría destas fan parte da flora característica do continente australiano, existindo apenas un pequeno número de especies proprias dos territorios viciños da Nova Guinea e Indonesia. De feito, ningún continente está tan marcadamente caracterizado por un só xénero de árbore como acontece na Oceanía, cos eucaliptos. Implantacion noutros continentesAlgunhas das súas especies exportáronse a outros continentes onde gañaron unha importancia económica relevante, debido ao feito de seren moi utilizadas para producir pasta de celulosa, usada no fabrico de papel. Problema EcolóxicoA plantación excesiva de eucaliptos é, porén, en moitos lugares, un problema ecolóxico, ao diminuir a biodiversidade da flora e ao facilitar a propagación de incendios florestais. CuriosidadesA illa de San Martiño, nas Negradas, O Vicedo, é a illa coa concentración mais alta de Europa de árbores, en concreto .. de eucaliptos. O Avó de Chavín, de 70 metros de altura, é a árbore máis alta da Península; encontrase nun eucaliptal de máis de cen anos: O Souto da Retorta, en Viveiro.
More about Eucalipto: eucalipto produtividade, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.