Estimulantes

Article on other languages:

Un estimulante (do verbo latino stimulāre) ou psicoestimulante ou psicotónico é, en térmos xerais, unha droga que aumenta os niveis de actividade motriz e cognitiva, reforza a vixilia, o estado de alerta e a atención e, a miudo, ten potencial euforizante.

Inicialmente, ser humano descubriu os estimulantes na natureza, pois atopábanse (o igual que agora) profusamente distribuidos en distintas especies vexetais. Dende entón, éstos teñen coexistido co noso xénero, forxando hábitos e crenzas profundamente arraigados en todas as culturas.

A partir do século XIX, sumaronse a esta clase farmacolóxica as moléculas ailladas do substrato vexetal (fundamentalmente alcaloides) e, máis tarde, aquelas que xurdiron como produto exclusivo de reacións químicas ensaiadas polos ser humano, é dicir, as variantes sintéticas.

Este artigo tan só é un esbozo.
Artigo nos seus primeiros pasos.
Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
(Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.)

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.