Estado do Acre, Brasil

Article on other languages:

Capital Rio Branco
Área 153.149,9 km2
Poboación 557.882 (Censo 2000)
Hora GMT-5
Governador: Binho Marques
Mapa do Acre no Brasil


O Acre é un estado brasileiro situado a suroeste da Rexión Norte. Ten como límites: Amazonas (N); Rondônia (E); Bolivia (SE); e Perú (S e O). Ocupa unha área de 153.149 Km². A capital é Rio Branco e as cidades máis populosas son: Rio Branco, Cruzeiro do Sul, Tarauacá, Sena Madureira e Brasiléia.

Un planalto co altitude média de 200 m domina grande parte do Acre. Seus ríos máis importantes son Juruá, Tarauacá, Muru, Embirá e Xapuri.

História

Ata o início do século XX o Acre pertencía à Bolivia. Pero dende o comezo do século XIX, grande parte de súa poboación era de brasileiros que exploravan o caucho e que, na práctica, acabaron creando un território independente. O 1899, os bolivianos tentaron asegurar o control da área, pero os brasileiros se revoltaron.

O 17 de novembro de 1903 foi asinado o Tratado de Petrópolis, en que o Brasil recebeu a pose definitiva da rexión en cambio de terras do Mato Groso, do pagamento de 2 millóns de libras esterlinas e do compromiso de construir o ferrocarril Madeira-Mamoré. Asi, o Acre foi integrado ao Brasil como território.

O 15 de xuño de 1962, foi elevado à categoria de Estado.

  • Fonte: Páxina do Governo Brasileiro

Economía

A economía do estado basease na extracción de caucho e castaña, na gandería e na agricultura. Co relación ó extrativismo, o grande impulso na vida económica e na colonización deste estado foi dado coa exploración do caucho en fins do século XIX e comezo do XX.

Hai poucas industrias no estado, que está moi lonxe dos principais mercados consumidores.

Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.