|
Article on other languages:
|
O esperanto é unha lingua auxiliar artificial destinada para servir como unha segunda lingua universal para toda a poboación mundial e non, coma moitos supoñen, para substituír todas as linguas existentes. O esperanto é, a día de hoxe, a lingua artificial máis falada. O doutor polaco Ludwik Lejzer Zamenhof, autor dun manual que asinou co nome de Doktoro Esperanto (Doutor Esperanzado), completou a versión inicial en 1887. A creación dunha lingua artificial tiña como obxectivo que ningún falante fose subordinado ou privilexiado nos necesarios contactos lingüísticos entre individuos de distintas falas, xa que deste xeito ningún posuía a lingua de intercambio como lingua materna. A súa intención era crear unha lingua moi fácil para calquera persoa. Actualmente, existen institucións internacionais, como a “Akademio de Esperanto” e a “Universala Esperanto-Asocio”, que se ocupan da promoción e protección da cultura esperantista. En Galiza, a principios do século XX había asociacións esperantistas nas cidades de A Coruña, Betanzos, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Vilalba, Foz, Lugo e Vigo. A única obra da literatura galega traducida integramente ao esperanto é “Retrincos” de Castelao.
IntroduciónO esperanto está destinado para servir como idioma auxiliar internacional, como segunda lingua de comunicación (despois da lingua nai). A maior parte do seu vocabulario está formado por raíces de linguas modernas de orixe indoeuropea e tamén do latín e o grego clásicos. A gramática do esperanto baséase en 16 regras sen excepcións e o seu alfabeto é fonético (a cada son corresponde unha soa letra e viceversa). Posúe unha estrutura moi regular (as mesmas terminacións de palabras para as mesmas partes do discurso, por exemplo, -o para sustantivos e -a para adxectivos). O seu carácter aglutinante permite construír de forma sistemática palabras combinando raíces, prefixos e sufixos. Isto implica que, a partires dun número relativamente pequeno de raíces, pódense expresar todos os conceptos posibles, o que acelera a aprendizaxe debida ao reducido vocabulario para memorizar. Os esperantistas consideran que, ao evitar os complicados xiros idiomáticos das linguas naturais, o esperanto resulta sinxelo de aprender. Polo demais, consideran que esta lingua funciona como calquera outra. As características e as intencións do esperanto provocaron unha propagación relativamente elevada nos seus comezos, pero a finais dos anos trinta sufriu unha dura freada, debido ás guerras e as represións políticas. É difícil dicir cantos falantes de esperanto hai na actualidade. A maioría das fontes fan referencia a dous millóns de falantes en todo o mundo. Esta cifra pode ser maior se se considera que cada ano hai centos de novos títulos (tanto traducidos como orixinais) que se publican en esperanto, así como música e ata filmes. Tamén hai un gran número de xornais, revistas e emisoras de radio que transmiten en esperanto. Moitos esperantistas viaxan a convencións para atoparse cos seus vellos amigos e facer novas amizades, ter correspondentes en diferentes partes do mundo, e de cando en vez están dispostos a prover aloxamento a esperantistas viaxeiros por algúns días. Este idioma fíxose popular en Internet, onde unha procura da palabra "esperanto" arroxa un resultado de máis de 174 millóns de páxinas. Existen centos de foros de discusión e miles de direccións de correo electrónico de esperantófonos de 95 países. Así, tamén hai centos de organizacións especializadas ou de temática xeral que usan este idioma como lingua de traballo. Para máis información pódese consultar Esperanto Panorama. O esperanto é o máis exitoso de todos os idiomas planificados ata o día de hoxe. A finais de 2003, a Universala Esperanto-Asocio (Asociación Universal de Esperanto) tiña 16.978 membros en 111 países do mundo, e o Universala Kongreso (Congreso Universal de Esperanto) usualmente reúne de dous mil a catro mil esperantistas cada ano. HistoriaO esperanto foi desenvolvido a finais da década de 1870 e a comezos da década de 1880 polo oftalmólogo polaco Dr. Ludovic Lazarus Zamenhof. Logo de 10 anos de traballo, que Zamenhof pasou traducindo literatura ao idioma, así como escribindo prosa e versos orixinais, a primeira gramática do esperanto foi publicada en Varsovia en xullo de 1887. A cifra de falantes medrou axiña durante as décadas seguintes, nun principio no Imperio ruso e na Europa oriental, logo na Europa occidental, América, China e no Xapón. Nos primeiros anos do movemento, os esperantistas mantiñan contacto por correspondencia, pero en 1905 o primeiro Congreso Universal de Esperanto levouse a cabo na cidade francesa de Boulogne-sur-Mer. Dende entón, os congresos mundiais organizáronse nos cinco continentes ano tras ano agás durante as dúas Guerras Mundiais. O esperanto non ten status oficial en ningún país, pero é parte de plans electivos do temario educativo en moitos países. Houbo plans de establecer a comezos do século XX o primeiro Estado esperantista en Moresnet, e na efémera illa artificial-estado de Illa das Rosas (en esperanto: Respubliko de la Insulo de la Rozoj) usouse o esperanto como idioma oficial en 1968. En China, durante a revolución Xinhai de 1911, houbo grupos que consideraron a idea de declarar o esperanto idioma oficial, pero máis tarde esta medida refugouse por insostible. A Asociación Universal de Esperanto ten relacións oficiais coas Nacións Unidas e a Unesco. Persecución políticaMoitos réximes perseguiron e prohibiron o esperanto durante o século XX. Adolf Hitler citou no seu libro Mein Kampf ao esperanto coma unha lingua que podería ser empregada pra dominación do mundo por unha conspiración xudía internacional.[1] Como resultado desa animadversión, produciuse a persecución dos esperantistas durante o Holocausto.[2] Stalin denunciou o esperanto como "lingua de espías" producíndose execucións de esperantistas na Unión Soviética.[3] O senador estadounidense Joseph McCarthy, coñecido polo seu anticomunismo, considerou o coñecemento do esperanto como "case sinónimo" de simpatía cara o comunismo.[4] A linguaClasificación lingüísticaAo ser unha lingua artificial, o esperanto non está xenealóxicamente relacionado co idioma dalgún grupo étnico. Podería ser descrito como "un idioma cuxo léxico é eminentemente latino. Dende un punto de vista morfolóxico, é predominantemente aglutinante, ao punto de ter un carácter un pouco aillante".[5] A fonoloxía, gramática, vocabulario e semántica están esencialmente baseadas en linguas indoeuropeas occidentais. A escolma fonémica é eslava, malia ser principalmente románico case todo o vocabulario, cunha achega menor por parte das linguas xermánicas. Os trazos pragmáticos, entre outros, non foron definidos nos documentos orixinais de Zamenhof. Tipoloxicamente falando, o esperanto é un idioma preposicional e a súa orde por omisión é Suxeito Verbo Obxecto e Adxectivo - Sustantivo, aínda que tecnicamente calquera orde é posible grazas aos morfemas que sinalan a función gramatical de cada palabra. Pódense crear novas palabras mediante o uso de afixos. VocabularioO vocabulario do Esperanto provén de moitas linguas. Algunhas palabras novas teñen a súa orixe en idiomas non indoeuropeos, coma o xaponés, por ser consideradas internacionais. Con todo, a gran maioría do vocabulario do esperanto procede das linguas romances (principalmente o latín, o italiano e o francés), o alemán e mailo inglés. Exemplos etimolóxicos
Criterios pra escolleita do vocabularioOs días da semana están tomados do francés (dimanĉo, lundo, mardo,...), moitos nomes de partes do corpo do latín (hepato, okulo, brako, koro, reno,...), as unidades de tempo do alemán (jaro, monato, tago,...), os nomes de animais e vexetais principalmente dos nomes científicos en latín. Pódese inferir o significado de moitas palabras pola súa semellanza con outros idiomas (Moito máis detallado no libro "Etimologia vortaro de Esperanto", Dicionario etimolóxico do esperanto, de Ebbe Vilborg)
Ademais, Zamenhof creou coidadosamente unha pequena base de palabras radicais e afixos, a partires da cal puidose formar unha cantidade moito maior de palabras. Grazas a isto, pódese adquirir un alto nivel comunicativo habendo aprendido unha cantidade relativamente pequena de palabras (entre 500 e 2000 palabras e afixos). Fonoloxía
O esperanto ten 5 vogais e 23 consoantes, dous das cales son semivogais. Non ten ton. Ao igual ca no náhuatl, o acento tónico sempre cae na penúltima sílaba, a menos ca vogal final o ó a sexa elidida, o cal adoita acontecer na poesía. Por exemplo, familio (familia) é [fa.mi.ˈli.o], pero famili’ é [fa.mi.ˈli]. Consoantes
VogaisO esperanto ten cinco vogais. A lingua non fai distinción na lonxitude das vogais e tampouco existen as vogais nasalizadas.
Hai seis diptongos decrecentes : uj, oj, ej, aj, aŭ, eŭ (/ui, oi, ei, ai, aw, /ew). Con só cinco vogais, se tolera un alto grao de variación. Por exemplo, /e/ va dende a [e] (é francesa) ata [ɛ] (è francesa). Estas diferenzas case sempre dependen da lingua nai do falante. Un corte glotal pode usarse entre vogais adxacentes, especialmente se as vogais son as mesmas, como en heroo (heroe) e praavo (bisavo). Referencias
Ligazóns externas
More about Esperanto: esperanto international language learning using, complete esperanto grammar, esperanto language, esperanto translator, azio esperanto regiona tajvano world, world esperanto, esperanto english dictionary, easy esperanto immersion mls pro, teach yourself esperanto, |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.