|
Article on other languages:
|
España[4], oficialmente Reino de España, é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da península Ibérica, ao que se lle engaden arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e o das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llivia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas. Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia[5]. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é o segundo país máis montañoso de Europa, despois de Suíza. A súa poboación é de 45.200.737 habitantes, según datos do padrón municipal de 2007. De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado e é a lingua común de tódolos españois. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respeto e protección[4]. España atópase no sudoeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas[6].
HistoriaArtigo principal: Historia de España Idade AntigaOs iberos foron os primeiros pobos dos que se ten constancia escrita de que ocuparon a península Ibérica. Sábese que había poboacións protoiberas, polos restos arqueolóxicos atopados. Os gregos e fenicios foron os que deixaron os primeiros escritos, aínda que nunca entraron en contacto con eles. Os vascóns entrarían nesta categoría. Actualmente, defínense os iberos polos seus trazos culturais. Segundo este criterio, os turdetanos ou túrdulos, que ocuparon as terras do antigo reino de Tartessos, considéranse iberos; mentres que, segundo criterios etnográficos ou lingüísticos, non o serían. A bibliografía sobre os iberos adoita achegar datos contraditorios e isto débese ás diferentes adopcións de criterios. Sobre o ano 1200 adC, tribos celtas, incluíndo probablemente cántabros e astures, entraron na península polo norte e establecéronse en grande parte do seu territorio, asentándose e mesturándose cos iberos. As poboacións que ocupaban unha ampla franxa entre estes dous pobos coñécense como celtíberos. Semella que as montañas en que vivían os vascóns nunca foron completamente romanizadas, polo que considérase incerta a súa orixe, aínda que se barallou a posibilidade de que se tratase dunha poboación protoibérica. Moitos historiadores consideran hoxe en día [Cómpre referencia] que a vasconización foi tardía; os vascóns habitarían a zona da actual Aquitania, chegando á península a finais da Idade Antiga, ocupando o antigo solar dos caristios e várdulos. Ao redor do ano 1100 adC, os fenicios chegaron á península e fundaron, 80 años despois da guerra de Troia,[7] Gadir, a Gades romana, no que hoxe en día se atopa a cidade de Cádiz. A súa fundación sitúase no ano 1104 adC polo que é considerada a cidade da Europa Occidental de cuxa fundación se teñen referencias máis antigas, (tendo como referencia a fundación de Cartago sobre o século IX adC). Á vez, os gregos fundaron as súas colonias pola costa mediterránea de Iberia, nome que deron á península. Entre a primeira e segunda das Guerras Púnicas entre Roma e Cartago, os cartaxineses invadiron a península. As súas colonias máis importantes establecéronas na illa de Eivissa e en Cartaxena, nome que fai referencia á nova Cartago e absorberon outras cidades inicialmente fenicias como Cádiz ou Málaga. Derrotada Cartago, Roma iniciaría unha paseniña ocupación da península, que se prolongaría ao longo de case 200 anos. Nas primeiras décadas da ocupación os romanos tiveron que facer fronte ao longo sitio de Numancia, cidade celtibera situada nas beiras do Douro, nas proximidades da actual Soria, que se prolongaría por case 30 anos, e á guerra de guerrillas exposta polo caudillo lusitano Viriato. Trala morte de Viriato (139 adC), a loita dos pobos prerromanos contra Roma volveríase máis disgregada e esporádica, aínda que non remataría totalmente ata os tempos do emperador Augusto co relativo sometemento de cántabros e astures. Relatos desta guerra atopámolos nas páxinas do cronista romano Catón. A ocupación culminaría co pleno dominio da península baixo o poder romano e a súa conversión en provincia baixo o nome de Hispania. O nome de Hispania deriva de Ispania e este á súa vez probablemente dunha palabra púnica, co significado de terra de coellos, aínda que hai outras posibilidades (ver Etimoloxía no punto 1 deste mesmo artigo). Por primeira vez aparece con sentido histórico en Tito Livio 59 adC, que fala de Hispania e de hispani (hispanos, con sentido unitario).
Acueducto de Segovia, patrimonio da humanidade da UNESCO
Os habitantes de Hispania adoptaron a cultura romana, a súa lingua e as súas leis, adquirindo gran importancia dentro do imperio, posto que ata tres emperadores romanos, Traxano, Adriano e Teodosio, ademais do filósofo Lucio Anneo Séneca e outros personaxes importantes, naceron na península. Idade MediaNo ano 409, os suevos, alanos e vándalos invadiron a península Ibérica. Poucos anos despois, no ano 416, os visigodos entraron en Hispania como aliados de Roma, botando aos alanos e vándalos da península quedando os suevos na Gallaecia. A primeira idea de Hispania/España como país se materializa coa monarquía visigoda. Os visigodos aspiraban á unidade territorial de toda Hispania e conseguírona coas sucesivas derrotas aos suevos, vascóns e bizantinos. A unidade relixiosa viría coa reconciliación de católicos e arrianos e cos concilios da Igrexa Visigoda, un órgano no que, reunidos en asemblea, o rei e os bispos de todas as dioceses do reino sometían a consideración asuntos de natureza tanto política como relixiosa, con vocación de lexislar en todo o territorio nacional. Así, San Isidoro de Sevilla na súa Historia Gothorum aledábase porque Suintila "foi o primeiro que posuíu a monarquía do reino de toda España que rodea o Océano, cousa que a ningún dos seus devanceiros lle fora concedida...". A monarquía visigoda estableceu ademais unha capital que centralizaba tanto o poder político como o relixioso en Toletum. Con todo, o carácter electivo da monarquía visigótica determinou case sempre unha enorme inestabilidade política caracterizada por continuas revoltas e asasinatos. No ano 689 os árabes chegan á África máis noroccidental. O ano 711, trala vitoria dos árabes fronte aos godos na batalla de Guadalete, iniciouse a Invasión musulmá da Península Ibérica, converténdose esta nun emirato ou provincia do imperio árabe chamada Al-Ándalus con capital na cidade de Córdoba. O musulmáns avanzaron axiña polo sur da península. No ano 712 caeu Toledo, a primeira capital visigoda. Dende entón, foron espalláronse cara ao norte, e todas as cidades foron capitulando ou conqueridas. No 716 controlaban toda a península, aínda que no norte era máis ben nominal que militar. Os visigodos resistiron algúns anos en máis na Septimania, ata o 719. A partires de entón, dirixiron os seus esforzos cara ao outro lado dos Pireneos, contra o reino Carolinxio. Isto permitiu revoltas na pouco controlada zona noroeste da península. Logo da caída do reino visigodo a península quedou dominada ata a cordilleira Cantábrica, onde estaban os pobos astures, cántabros e vascóns, escasamente sometidos ao reino godo; e dada a súa escasa importancia, non sufriron demasiado a presión do Islam, que substituíra na península Ibérica ao poder exercido polo reino godo. Moitos dos señores godos ou hispanorromanos convertéronse ao Islam, conservaron as súas posicións e poder. No ano 718 na actual Asturias un nobre chamado Pelayo sublevouse contra os musulmáns. A sublevación fracasa e é detido. Cara o 722 volvería intentalo tendo lugar o que a historiografía denominou a batalla de Covadonga, onde Pelayo e un grupo de astures (entre os que se atopaban, segundo algúns historiadores, nobres visigodos; a orixe de Pelayo é tamén incerto[8] venceron a unha expedición de castigo musulmá. Este feito serviría para marcar o momento de fundación do Reino de Asturias e dar comezo ao período coñecido como a Reconquista, entendido como o restablecemento do poderío cristián na península Ibérica. Na parte nororiental da península e na Septimania goda, os godos que fuxiran ao reino dos francos pediron axuda a estes. Así Carlomagno emprendeu unha serie de campañas militares coa intención de establecer un territorio de distensión militar, máis coñecido como marca. A Marca Hispánica constituíuse a comezos do século IX para evitar a penetración dos musulmáns no territorio do Reino dos Francos. Así foi como os francos dividiron ese territorio en diversos condados, onde señores feudais de orixe franca ou goda representaban ao rei dos francos; tendo, xa que logo, un desenvolvemento algo diferente ao que experimentaron os reinos cristiáns ibéricos occidentais. Estes condados en pleno proceso de feudalización emanciparíanse de facto do dominio franco logo da crise carolinxia do século IX, ao empezar a transmitirse herditariamente os condados; aínda que, ata 988, os condes de Barcelona renovaron o pacto de vasalaxe cos reis francos.
Interior da Mesquita-Catedral de Córdoba
Os séculos VIII e IX significarían un crecente poderío musulmán na península, malia a oposición dos núcleos cristiáns do norte. A fins do século VIII, o omeia Abderramán I, fuxido de Siria, fai de Al-Ándalus, no político, un emirato independente do Califato de Damasco.
Basílica de Santa María A Real de Covadonga, no Principado de Asturias
No século X, Abderramán III converte Al-Ándalus en califato independente de Damasco, xa con autonomía relixiosa e non só política, como ata entón. É unha época de puxanza cultural, grazas ás innovacións nas ciencias, as artes e as letras; cunha especial atención que dedicaron ao desenvolvemento das cidades. As cidades máis importantes foron Valencia, Zaragoza, Toledo, Sevilla e Córdoba. Esta, durante o século X, con Al-Hakam II, chegou a ser a maior cidade de Europa Occidental, contando con 500.000 habitantes, sendo o maior centro cultural da época. Con todo, a decadencia dos territorios musulmáns comezou no século XI, cando comezaron as loitas entre as distintas familias reais musulmás e o califato se desmembrou nun mosaico de pequenos reinos, chamados taifas. Mentres tanto, preto dos Pireneos apareceron outros dous reinos cristiáns: o Navarra e o Aragón. Ao avanzar a expansión cristiá pola península, o que ata entón fora o reino de Asturias, coa súa capital fixada en Oviedo dende o reinado de Afonso II o Casto, transformouse no reino de León en 910 con García I ao repartírense os territorios de Afonso III o Magno entre os seus fillos. Anos despois, en 914, morto o rei, sobe ao trono Ordoño II de León, cuxo reino abranguía aos territorios de Galicia, Asturias e León, fixando definitivamente nesta cidade a súa capital e confirmando a súa supremacía como reino de León.
A Catedral de León, símbolo do esplendor da arquitectura gótica francesa española.
O avance das conquistas cara ao sur e a aglutinación ao redor de León dun territorio cada vez máis amplo trouxo consigo o nacemento de «subunidades» político-territoriais no seu interior: é o caso do Castela. Este será adquirido polo rei navarro Sancho III o Maior, quen o deixará á súa morte en herdanza ao seu fillo Fernando. Casado este coa irmá do rei leonés, formaría unha coalición navarro-castelá que, tras unha guerra e a morte do rei de León na batalla de Tamarón permitiríalle acceder ao trono deste. Con todo, á súa morte os territorios volverían ser repartidos entre os seus fillos: son o reino de León, o reino de Galicia, Castela, que tamén adquire o rango rexio e a cidade de Zamora. Ao longo dos séculos seguintes, estes territorios pasarán a mans do mesmo ou de distintos monarcas en sucesivas ocasións, conformando a Coroa de Castela, cunhas únicas Cortes. Os distintos territorios conservaban o seu carácter de reino e diversas particularidades xurídicas (o rei que aglutinaba baixo a súa coroa todos estes territorios titulábase Rei de León, de Castela, de Galicia... engadindo sucesivamente os dos novos territorios que se ían conquistando), sen que, con todo conservasen unha autonomía semellante á da Coroa de Aragón. Así mesmo, nacerá de León outra unidade territorial de grande transcendencia posterior: Portugal, que se constituirá como reino. Cabe sinalar, para rematar, como un dos momentos máis destacados os reinados de Afonso VI e Afonso VII en León a adopción do título de emperador, o primeiro como "emperador das dúas relixións", o segundo como "emperador de España". O devir dos reinos cristiáns peninsulares nas décadas seguintes pasará pola constitución de catro unidades monárquicas: a denominada Coroa de Castela, concepto que implica a existencia dun só monarca sobre diversos e distintos reinos e territorios (León e a propia Castela, ademais de Galicia e outros); a Coroa de Aragón, que se constituíu mediante a unión dinástica en 1150 do reino de Aragón e o condado de Barcelona; o reino de Navarra e o reino de Portugal. Así como toda unha serie de reinos de taifa musulmáns. No século XIII, a Coroa de Castela, a máis puxante das hispánicas, ampliou os seus dominios cara ao sur peninsular, mentres que a de Aragón engadiría os reinos de Valencia e de Mallorca co rei Xaime I o Conquistador, e posteriormente formarían parte desta Coroa: Sardeña, Sicilia e outros territorios do Oriente mediterráneo. A finais deste período, 1402, e en competencia con Portugal, a Coroa de Castela iniciou a conquista das illas Canarias ata entón habitadas exclusivamente polos guanches. A ocupación inicial foi levada a cabo por parte de señores normandos que rendían vasalaxe ao rei Henrique III de Castela. Este proceso de conquista non concluiría ata 1496, sendo culminado pola propia acción da coroa castelá.
A rendición de Selecta aos Reis Católicos, de Francisco Pradilla, reconstrución idealizada característica da pintura historiográfica española do século XIX
Mentres na Coroa de Aragón, como resultado da grande mortalidade provocada pola epidemia da Gran Peste de 1348, así como das malas colleitas, que empezaron co ciclo de 1333 («lo mal any primer»), provocaron unha gran inestabilidade tanto social, como económica. Á morte do Rei Martín I o Humano (1410), os representantes dos Reinos que constituían a Coroa de Aragón, elixiron no Compromiso de Caspe a Fernando de Antequera, da castelá Casa de Trastámara como futuro rei Fernando I en quen recaían por herdanza materna os dereitos dinásticos. Malia a revolta protagonizada polo Conde de Urgel, Fernando I foi coroado e comezou o reinado dos Trastámara na Coroa de Aragón. Logo da expansión polo Reino de Nápoles, no período de Afonso V, a Coroa de Aragón sufriu unha profunda crise provocada polas disputas entre Xoán II, fillo de Fernando de Antequera, e a Generalitat e o Consell de Cent (Consello de Cen), debida á detención do seu fillo e herdeiro Carlos de Viana, así como polas tensións das clases sociais entre a Busca e a Biga e as revoltas dos campesiños de "Remensa" que coincidiron coa Guerra Civil Catalá (1462 - 1472) acabaron de debilitar á xa débil Coroa aragonesa. Coa subida ao trono de Fernando o Católico, segundo fillo e herdeiro de Xoán II, (1479) as tensións sociais reducíronse, coa firma da Sentenza Arbitral de Guadalupe (1486) asentouse unha nova estrutura no campo catalán para acabar coa conflitividade do medio rural. Idade Moderna
Monumeno a Colón en Madrid
Ao final da Idade Media, co casamento de Sabela de Castela e Fernando de Aragón, estas dúas coroas peninsulares aliáronse, conquistando o reino musulmán de Selecta en 1492 e, posteriormente, o de Navarra en 1512 que continuou sendo un reino, acuñando moeda de seu e con aduanas no río Ebro ata as guerras carlistas do século XIX. Os reis navarros refuxiáronse nas súas posesións dos Pireneos e posteriormente converteríanse en reis de Francia. Tamén comezaron unha política matrimonial con Portugal que culminou en 1580, cando Filipe II de España subiu ao seu trono, unindo por última vez baixo un mesmo soberano toda a península Ibérica. En 1492, decrétase a expulsión dos xudeus que non aceptasen a conversión ao cristianismo, imitando a Filipe IV de Francia. Cristovo Colón, en nome dos Reis Católicos, chega, por primeira vez, a América coas súas naves. Empeza a carreira pola exploración e conquista das terras americanas, á que se unirían posteriormente outros países como Portugal, Francia e Inglaterra comezando a colonización europea de América partindo a illas do Caribe ata mesoamerica a cargo de Francisco Hernández de Córdoba e despois Hernán Cortés. A Monarquía Española convértese, nun proceso iniciado ao final da Reconquista, na nación máis poderosa e influente do mundo. Durante o reinado dos Reis Católicos iníciase tamén unha tímida expansión norteafricana, conquistándose varias cidades, entre elas Melilla (1497). Trala morte de Sabela a Católica, en 1504, a súa filla Xoana sucedeuna no trono de Castela. Xoana estaba casada con Filipe I, ao que chamaron o Fermoso, fillo do Archiduque de Austria e Emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico. Filipe morreu moi novo e a Xoana foi incapacitada por tola. O seu fillo Carlos I de España herdou as Coroas de Castela e Aragón, ademais do sacro Imperio Romano-Xermánico e as posesións da Casa de Borgoña. Na súa madurez, decide retirarse á vida relixiosa recluíndose no Mosteiro de Yuste (Cáceres) en 1556. O seu fillo Filipe II herdaría a Coroa Hispánica con todas as súas posesións e o seu irmán Fernando I de Habsburgo o Sacro Imperio Romano-Xermánico. Filipe II de España coróase rei de Portugal en 1580 co nome de Filipe I de Portugal. O ordinal «segundo» mantívoo para respectar a vía castelá (Filipe I de Castela foi Filipe o Fermoso). Durante o seu reinado prodúcense a grande vitoria de Lepanto en 1571 coa que se conseguiu frear a expansión dos turcos no Mediterráneo e a desastrosa aventura da Grande e Felicísima Armada en 1588. España, e en maior medida Castela, dada a prohibición de comercio para a Coroa de Aragón, segue prosperando baixo a dinastía Habsburgo, grazas ao comercio coas colonias americanas; pero ao mesmo tempo sostén guerras contra Francia, Inglaterra e as Provincias Unidas.
Mapa anacrónico que amosa as áreas que pertencían ao Imperio Español nalgún momento durante un periodo de 400 anos. O Imperio español no súa maior expansión territorial ao redor de 1790 Rexións de influencia (exploradas e/o reclamadas pero nunca controladas) ou colonias en disputa ou de curto control Posesións do Imperio Portugués gobernadas por España entre 1580-1640 por anexión dinástica Territorios perdidos en ou despois de 1717 pola Paz de Utrecht Marrocos e Sahara Occidental 1884-1975
Cando o derradeiro rei da dinastía dos Habsburgo, Carlos II de España, morreu sen descendencia; Filipe de Borbón, sobriño neto de Carlos II e neto do rei de Francia, Luís XIV, sucedeulle no trono co nome de Filipe V de España, sendo aceptado e xurado por todos os territorios de España. Aos poucos anos de reinado, prodúcese a Guerra de Sucesión Española. Entre 1707 e 1716, os Decretos de Nova Planta de Filipe V suprimen ou reducen os foros e costumes dos reinos e territorios que loitaran contra el na Guerra de Sucesión. Algúns queren ver nestes decretos unha unificación legal de España, pero, por unha banda, os decretos, ao seren diferentes para Valencia, Aragón (onde primeiro foi igual que o de Valencia, pero logo foi modificado), Baleares e Cataluña, afectaron de xeito diferente a cada territorio, e ademais, tanto Navarra como as Provincias Vascongadas e o Val de Arán, que non faltaran ao seu xuramento de lealdade a Filipe V, seguiron mantendo os seus foros. En 1713, España asina o Tratado de Utrecht co que perde as súas posesións europeas e, deixando de ser a primeira potencia mundial. O resto do século XVIII, foi o século da Ilustración. Fernando VI e Carlos III, fillos e sucesores de Filipe V, fan unha política de renovación que modernizou España, no que se coñece como Despotismo Ilustrado. Neste século, aínda que España continúa sendo unha importante potencia, Francia e o Reino Unido pasan a ocupar un protagonismo cada vez maior na escea internacional. Idade Contemporánea
Situación do Imperio Español. En azul os territorios independizados na Guerra de Independencia Hispanoamericana
A Idade Contemporánea non comezou moi ben para España, en 1805, na Batalla de Trafalgar a escuadra hispano-francesa foi derrotada ante Gran Bretaña, chegando o fin da supremacía española nos mares mundiais a favor de Gran Bretaña, mentres Napoleón que tomara o poder despois de triunfares a Revolución Francesa, aproveitando as desputas entre Carlos IV e o seu fillo Fernando, ordenou o envío do seu exército contra España en 1808, impondo ao seu irmán Xosé I no trono. Iso ocasionaría a Guerra da Independencia Española, que duraría 5 anos. Nese tempo elaborouse a primeira Constitución española, unha das primeiras do mundo, nas denominadas Cortes de Cádiz. Foi promulgada o 19 de marzo de 1812, festividade de S. Xosé, polo que popularmente coñecíalla como A Pepa. Trala derrota das tropas de Napoleón na batalla de Vitoria en 1813; Fernando VII volvería ao trono de España. Durante o reinado de Fernando VII a monarquía española experimentaría o paso do vello réxime ao estado Liberal. Coa súa chegada a España, Fernando VII derrogou a Constitución de 1812 e perseguiu aos liberais constitucionalistas, dando comezo a un ríxido absolutismo. Mentres tanto a Guerra de Independencia Hispanoamericana continuaba o seu curso, malia o esforzo bélico dos defensores da monarquía española, ao rematares o conflito unicamente as illas de Cuba e Porto Rico, en América, seguirían formando parte do territorio nacional de España, que ao rematar a década ominosa e co apoio liberal á Pragmática Sanción de 1830 á súa vez organizaríase novamente en monarquía parlamentaria. Deste xeito ambos os dous procesos revolucionarios deron orixe aos novos estados nacionais existentes na actualidade, e o final do reinado de Fernando VII sinala tamén a extinción do Absolutismo en todo o mundo hispánico.
A raiña Sabela II
A morte de Fernando VII abre un novo período de forte inestabilidade política e económica, o seu irmán Carlos María Isidro apoiado nos partidarios absolutistas, rebélase contra a designación de Sabela II, filla de Fernando VII, como herdeira e raíña constitucional, e contra a derrogación da Lei Sálica da dinastía Borbón, que impedía a sucesión de mulleres á coroa, estourando a Primeira Guerra Carlista. O reinado de Sabela II caracterízouse pola alternancia no poder de progresistas e moderados aínda que esta alternancia motívase máis por pronunciamientos militares de ambos os dous signos que por unha pacífica cesión do poder en función dos resultados electorais. A revolución de 1868, chamada A Gloriosa, obrigou a Sabela II a abandonar España. Convocáronse daquela Cortes Constituíntes que se pronunciaron polo réxime monárquico e, a iniciativa do Xeneral Prim, ofrécese a coroa a Amadeo de Saboia, fillo do rei de Italia. O seu reinado foi curto polo cansazo provocado polos políticos do momento e o rexeitamento de importantes sectores da sociedade. Proclamouse a I República, que tampouco gozou de longa vida, aínda que si moi axitada: en once meses tivo catro presidentes (Figueras, Pi i Margall, Salmerón e Castelar); durante este convulso período producíronse graves tensións territoriais chegándose a producir fenómenos tan pintorescos como a declaración da cidade de Cartaxena como "Cantón independente" e finalizou cos pronunciamientos dos xenerais Martínez Campos e Pavía, que disolveu o Parlamento. A Restauración proclama rei a Afonso XII, fillo de Sabela II. España experimenta unha grande estabilidade política debida ao sistema de goberno preconizado polo político conservador Antonio Cánovas do Castelo. Baséase na quenda dos partidos Conservador (Cánovas do Castelo) e Liberal (Sagasta) no goberno. En 1885 morreu Afonso XII e encargouse a rexencia á súa viúva María Cristina, ata a maioría de idade do seu fillo Afonso XIII, nado trala morte do seu pai. A rebelión independentista de Cuba en 1895 induce aos Estados Unidos a intervir na zona e tralo confuso incidente da explosión do acoirazado Maine o 15 de febreiro de 1898 no porto de A Habana, declara a guerra a España. Coa derrota, España perdeu as súas últimas colonias (Cuba, Filipinas, Guam e Porto Rico) en ultramar. Século XX
O século XX comeza cunha grande crise económica e a subseguinte inestabilidade política. Hai un paréntese de prosperidade comercial, propiciado pola neutralidade española na Primeira Guerra Mundial. A sucesión de crises gobernamentais, a marcha desfavorable da guerra no Rif, a axitación social e o descontento de parte do exército, desembocan no Golpe de estado do xeneral Primo de Rivera, o 13 de setembro de 1923. Estableceu unha ditadura militar que foi aceptada por grande parte das forzas sociais e polo propio rei Afonso XIII. Durante a ditadura suprímense as liberdades e os dereitos. A difícil conxuntura económica e o crecemento dos partidos republicanos fai a situación cada vez máis insostible. En 1930, Primo de Rivera presenta a súa demisión ao rei e marcha a París, onde morre ao pouco tempo. Sucedeulle na xefatura do Directorio o xeneral, Dámaso Berenguer; e, despois, por breve tempo, o almirante Aznar. Este período foi denominado Dictabranda. Decidido a buscar unha solución á situación política e establecer a Constitución, o rei propicia a celebración de eleccións municipais o 12 de abril de 1931, estas deron unha rotunda vitoria ás candidaturas republicano-socialistas nas grandes cidades e capitais de provincia, aínda que o número total de concelleiros era maioritariamente monárquico. Houbo manifestacións organizadas esixindo a instauración da República, o que leva ao rei a abandonar o país. Unha vez o rei abandona as súas obrigacións proclámase a II República o 14 de abril. Durante a República prodúcese unha grande axitación política e social, marcada por unha acusada radicalización de esquerdas e dereitas. Os líderes moderados son boicoteados e cada parte pretende crear unha España á súa medida. Durante os dous primeiros anos, goberna unha coalición de partidos republicanos e socialistas. Nas eleccións celebradas en 1933, triunfan as dereitas e en 1936, as esquerdas. A crecente onda de violencia inclúe queima de igrexas, a sublevación monárquica de Sanjurjo, a revolución de 1934 e numerosos atentados contra líderes políticos rivais.
A vitoria do xeneral Francisco Franco supuxo a instauración dun réxime autoritario. O desenvolvemento dunha forte represión sobre os vencidos, obrigou ao exilio a miles de españois e condenou a outros tantos á morte ou ao internamento en campos de traballo e prision. A pesares de que Franco mantivo a España como país non belixerante na II Guerra Mundial, o seu non disimulado apoio ás potencias do Eixo conduciu a un illamento internacional de carácter político e económico. No entanto, os condicionamentos da guerra fría entre os Estados Unidos e a Unión Soviética e os seus respectivos aliados fixeron que o réxime franquista fose tolerado polas potencias "occidentais" e finalmente recoñecido polas mesmas rematando o seu illamento, por mor do seu recoñecido anticomunismo. Asínanse entón acordos cos Estados Unidos permitindo a instalación de bases militares conxuntas hispano-norteamericanas en España. En 1956, Marrocos, que fora protectorado español e francés, adquire a súa independencia e ponse en marcha un plan de estabilización económica do país. En 1969, Franco nomea a Xoán Carlos de Borbón, neto de Afonso XIII, príncipe de España, o seu sucesor a título de Rei. Malia o mantemento dunha férrea represión contra calquera oposición política, o desenvolvemento industrial e económico español resultou moi importante durante a ditadura. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||