|
Article on other languages:
|
O escudo de armas de Alemaña ten a súa orixe en diferentes símbolos que se sucederon durante o Sacro Imperio Romano Xermánico, o cal, ao desintegrarse en 1806 como consecuencia das Guerras Napoleónicas, deixou sen escudo oficial aos estados alemáns que formaran parte do Imperio. Durante o Imperio alemán que se estableceu en 1871, a aguia real volveu tomarse como símbolo, sendo modificado o seu deseño trala derrota alemá na Primeira Guerra Mundial e logo novamente nos anos 1930 tras instaurarse a Alemaña nazi. A RFA estableceu o actual escudo en 1950. Este escudo foi deseñado en 1926 por Tobias Schwab reformando o escudo da República de Weimar. Nesa época chamábaselle o aguia de Weimar, pero cando a RFA adoptouno como símbolo pasou a coñecerse como o "aguia federal", nome que mantén ata hoxe en día. A aguia federal (Bundesadler en alemán) figura, por exemplo, en moitos documentos oficiais, nos uniformes do exército, na fachada de edificios estatais, nas moedas e pasaportes, así como nas camisetas das federacións deportivas alemás. Ás veces tamén aparece na bandeira de Alemaña, aínda que non é o normal. Escudos históricos
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.