|
Article on other languages: |
As glaciacións son fenomenos climáticos que ocorren ao longo da historia do planeta Terra. Como o proprio nome suxire, é un período de frío intenso cando a temperatura media da Terra baixou, provocando o aumento das xeleiras nos polos e un grande acúmulo de xelo nas zonas montañosas próximo ás rexións de neves eternas (que nunca derreten). Atualmente as xeleiras ocupan 10% da área total do planeta e a maioría está localizada nas rexións polares como a Antártica e a Grenlandia, mais non sempre foi así. Nos períodos glaciais o xelo cobría preto de 32% da terra e 30% dos océanos. As glaciacións provocaron grandes mudanzas no relevo continental e no nivel do mar. Cando a temperatura global diminuíu, ocorreu, como consecuencia, o aumento das xeleiras, ou sexa, as baixas temperaturas provocaron o conxelamento da auga nos pólos aumentando a cantidade de xelo nas calotas polares. Outra consecuencia deste proceso foi que a formación das xeleiras non ficou máis restrita ás rexións polares. A neve e o xelo foronse acumulando nas zonas montañosas próximas aos picos, ano tras ano, ata que o seu proprio peso, xuntamente coa forza da gravidade fixeron que se deslocasen lentamente, provocando grandes alteracións de relevo no camiño por onde pasan - formando profundos vales en forma de U, chamados moreas. Estas masas de xelo e neve son os glaciares que foron deslizando lentamente ata alcanzar zonas máis quentes, cando se foron derretendo e formando a cabeceira dun río ou dando orixe aos lagos glaciais. Outra consecuencia foi o rebaixamento do nivel dos mares debido á retención de auga nos pólos. O mar afastouse da liña da costa, das praias, por exemplo, expondo grandes extensións de terra e ligando illas e continentes entre si, formando as chamadas pontes terrestres. Entre os períodos glaciais hai os períodos interglaciais en que a temperatura da Terra se eleva. O período en que vivimos non é máis que un interglacial. Sucesións glaciais
Vexa tamén |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.