|
Article on other languages:
|
Paleolítico A Era Meiji no Xapón, que comezou no 1868 con Meiji Tenno (1852-1912) - Mutsuhito para os occidentais - é marcada pola supresión do feudalismo a través dunha serie de mudanzas que visaban adotar técnicas da Revolución Industrial. Entre as mudanzas máis importantes temos: a extinción dos feudos e dos privilexios persoais a través da reforma agraria e da reformulación da lexislación do imposto territorial rural; criación de universidades; formación dun gabinete parlamentario (1885); e a promulgación da constitución (1889), que instaurou a monarquía constitucional. Os partidarios do antigo rexime rebeláronse (1874-1877) contra a perda de poder, o que exixiu grandes gastos militares. A consecuente situación de inflación e a política deflacionaria adoptada polo goberno caracterizaron un período de crise no Xapón, en especial no sector rural. Unha das solucións adoptadas foi a emigración, ata entón prohibida. Coa morte de Mitsuhito, seu fillo e sucesor Yoshihito inaugurou a Era Taisho que durou ata 1926. More about Era_Meiji: age dawn era from japan meiji modern print woodblock, dawn era from history japan meiji religion, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.