|
Article on other languages:
|
Epistemoloxia (do grego, ἐπιστήμη (epistéme), "coñecemento"; λόγος (logos) , "teoría"), é unha rama da filosofía que trata sobre os problemas filosóficos relacionados á teoría do coñecimento. O sentido da palabra epistéme é mellor comprendido se se compara co seu oposto, doxa, segundo Platón. "Doxa" significa "opinión", sendo o seu significado próximo a "senso-comun"; esa opinión ten a conotación de coñecimento falso, ou baseado en algo falso, mal-construído, inconsistente, etc. Así, a doxa é aquel tipo de coñecimento van, vago, inútil, que expresa non a verdade, senón determinado ponto de vista parcial e máis comprometido coa subxetividade de quen emite ese ponto de vista que coa verdade do asunto do cal trata. Contraposta á doxa, a epistéme é o coñecimento, o logos, o enunciado comprometido co verdadeiro, e non cun ponto de vista subxetivo e parcial (o cal, para Platón, era moi próximo da mentira). Este termo foi introducido por filósofos alemáns dentro da denominada Erkenntnistheorie ou teoría do coñecimento. O Coñecemento é unha crenza da que estamos seguros,e ademais, podemos demonstrar. O coñecimento se divide en grupos:
O problema do coñecemento, xa que é unha crenza verdadeira, é que presenta algunhas dificuldades á hora de recoñecer, o que é ou non verdadeiro. A verdade é un feito xustificable, esta ten dous sentidos.
A verdade de proposición empírica é a que afirma algo dos feitos e acontecimentos do mundo. A verdade como correspondencia considera que unha proposición é verdadeira cando hai unha adecuación entre o que a proposición expresa e a realidade á que se refere. A verdade como suceso considera que unha proposición é verdadeira cando é útil e, por tanto, conduz ao suceso. Por outra parte se atopa a verdade das proposicións formais que non afirman nada a respeito da realidade. É un tipo verdade de coerencia, que considera que unha proposición é verdadeira se non entra en contradición co resto das proposicións aceitas. A epistemoloxía tamén estuda os criterios para recoñecer e estar seguros da verdade: a evidencia, sentimento que temos de seguranza da verdade tán claro, que non existe dúvida; e tamén a intersubxectividade, que defende a idea de que as nosas crenzas tén de ser aceitas para calquer suxeito racional se queremos que sexan admitidas como verdadeiras e que constituan coñecimento. Ante a posibilidade do coñecemento existen diferentes atitudes que son as seguintes: - Dogmatismo; actitude filosófica defendida por Descartes segundo a cal podemos adquirir coñecimentos seguros e universais, e ter absoluta certeza diso. - Escepticismo; actitude filosófica oposta ao dogmatismo a cal duvida de que sexa posible un coñecimento firme e seguro. Esta postura foi defendida por Pirro. - Criticismo; actitude filosófica intermedia entre o dogmatismo e o cepticismo, que admite a posibilidade de atopar a verdade, mais esta verdade non é definitiva senón que é unha verdade criticable, esta postura foi defendida por Immanuel Kant. - Relativismo; actitude filosófica defendida polos sofistas que nega a existencia de unha verdade absoluta e defende a idea de que cada indivíduo posue a súa propria verdade. Esta verdade depende do espazo e o tempo. - Perspectivismo; actitude filosófica que defende a existencia dunha verdade absoluta mais pensa que ningun de nós podemos chegar a ela senón que chegamos a unha pequena parte. Cada ser humano ten unha visión da verdade. Esta postura desenvolveuna Friedrich Nietzsche. Véxase tamén |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.