|
Article on other languages:
|
a Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Os síntomas que experimenta unha persoa durante unha crise epiléptica dependen de lugar no cerebro no cual ocorre a alteración da actividade eléctrica. Unha persoa que ten unha crise tonicoclónica (tamén chamada de grand mal) pode berrar, perdé-lo senso e esvaerse ou porse ríxido e con espasmos musculares. Outro tipo de crise epiléptica é a chamada crise parcial complexa, na que o paciente pode parecer confundido ou atordoado e non poderá respondar a preguntas nin instruccións. Outras persoas teñen ataques moi leves que nin sequera son notados por outros. Algunhas veces, a única manifestación da crise epiléptica é un palpebrexar rápido ou algúns segundos de mirada perdida con desconexión do medio; a este tipo de crise epiléptica chámaselle ausencia e é relativamente frecuente na infancia. A epilepsia pode ter moitas causas; nuns casos é debida a lesións cerebrais de cualquera tipo (traumatismos craniais, secuelas de meninxite, tumores, etc.) pero en moitos casos non hai ningunha lesión, senón unicamente unha predisposición de orixe xenética a padece-las crises. Con tratamento médico é posible o control das crises nun elevado porcentaxe de pacientes. Véxase taménLigazóns externas
More about Epilepsia: en epilepsia fetos, epilepsia es la que, articulos epilepsia originales, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.