|
Article on other languages:
|
Anaco de carbón
Os combustibles fósiles ou combustibles minerais son mesturas de compostos orgánicos que se extraen do subsolo co obxectivo de producir enerxía por combustión. Considéranse combustibles fósiles ao carbón, procedente de bosques do período carbonífero, e ao petróleo e o gas natural procedente doutros organismos. Chamalos combustibles fósiles é un nome inaxeitado para referirse a eles, xa que a fosilización é o resultado da substitución por minerais das moléculas de vexetais, animais ou microbios soterrados durante longos períodos de tempo. A materia viva contén os mesmos compoñentes básicos dos combustibles fósiles, o que contribuiría a explicar a orixe orgánica desta fonte enerxética. Aínda que o sito non sabe que a súa orixe non se coñece con precisión, algúns estudos sinalan que se formaron a partires de millóns de minúsculos organismos chamados plancto que quedaron atrapados en estratos de rochas sedimentarias e que ao ser sometidos a altas presións e altas temperaturas durante miles de anos transformáronse en hidrocarburos. O combustible fósil pode empregarse directamente, queimándose para producir calor e movemento, en fornos, estufas, caldeiras e motores. Tamén se pode usar para obter electricidade nas centrais térmicas, nas que coa calor xerada ao queimar estes combustibles obtense vapor de auga, o que conducido a presión, é capaz de pór en funcionamento un xerador eléctrico. A utilización de combustibles fósiles é responsable do aumento de emisión á atmosfera de dióxido de carbono, gas que contribúe ao aumento do efecto invernadoiro e ao quecemento global, segundo informes emitidos por numerosos científicos pertencentes a esta área do coñecemento. Véxase taménLigazóns externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.