|
Article on other languages:
|
A economía, que se centra en variables mensurables, divídese en dúas ramas principais: microeconomía, que trata dos axentes individuais, tales como fogares e empresas, e macroeconomía, que considera a economía na súa totalidade, e trata da oferta e demanda agregadas de diñeiro, capital e mercancías. Os aspectos que reciben a particular atención en economía son: asignación de recursos, produción, distribución, comercio, e competencia. A lóxica económica aplícase cada vez máis a calquera problema que implique a elección en situación de escaseza ou determinar un valor económico . O paradigma económico preponderante é unha combinación da economía neoclásica e da macroeconomía chamada a síntese neoclásica. Varias escolas de economía heterodoxa intentan explicar os fenómenos económicos utilizando premisas, formalismos ou paradigmas diferentes. Chámase economista ó profesional que traballe nun dos moitos campos da economía ou teña un grao académico nesta materia.
Definicións da economíaHai un fato de definicións, pasadas e presentes, que se aplicaron primeiro ó termo economía política e logo o termo actual de economía. John Maynard Keynes comentou unha vez que a "economía é a ciencia do pensamento." Podemos dicir que o obxecto de estudo da economía mudou desde o estudo da "riqueza" ao "benestar" e ao estudo das compensacións (trade-offs). Definición baseada na riquezaAs definicións máis temperáns da economía política eran declaracións simples, elegantes que a definían como o estudo da riqueza. Adam Smith, considerado xeralmente como o pai da economía, autor de Unha investigación sobre a natureza e as causas da riqueza das nacións (coñecida xeralmente como A riqueza das nacións) define a economía simplemente como "a ciencia da riqueza." Smith ofreceu outra definición, "a ciencia referente aos leis da produción, distribución e intercambio." A riqueza definiuse coma a especialización do traballo que permitía que unha nación producise máis coa súa oferta de traballo e de recursos. Esta definición afastou a Smith e a Hume das definicións anteriores que definiron a riqueza como ouro. Hume arguíu que o ouro sen incremento da actividade simplemente aumentaba os prezos. Definición baseada no benestarJohn Stuart Mill definiu a economía como "a ciencia práctica da produción e distribución da riqueza"; esta definición foi adoptada polo Dicionario sucinto de Oxford. Para Mill, a riqueza defínese como o stock de cousas útiles. As definicións en términos da riqueza acentúan a produción e o consumo, e non se ocupan das actividades económicas non perceptiblemente implicadas nestes dous procesos (por exemplo, xubilados, esmoleiros). Para os economistas deste período, a actividade non produtiva é un custo para a sociedade. Esta interpretación deu a economía unhas miras estreitas que foi rexeitado por moitos por colocar á riqueza en primeiro plano e ao home en segundo lugar. == Definición baseada na escasezaUnha definición que capta boa parte da teoría económica é a de Lionel Robbins nun ensaio de 1932: "a ciencia que estuda a conduta humana como a relación entre fins e medios escasos que teñen usos alternativos". Escaseza significa que os recursos dispoñíbeles son insuficientes para satisfacer todos os desexos e necesidades. A ausencia de escaseza e os usos alternativos dos recursos dispoñíbeles non é un problema económico. Deste xeito a economía atinxe o estudo da elección ou escolla, influída por incentivos e recursos. Campos de estudo na economíaO campo de estudo da economía pode ser dividido de varios xeitos, os máis comúns son a microeconomía e a macroeconomía. A economía pode dividirse tamén en positiva ("o que é") e normativa ("o que debería ser"), e por subcampos. Os seu métodos teñen acrecentado a súa aplicación a outros espazos de estudo que engloban ás persoas encarando situacións electivas, incluíndo a educación, a economía familiar, a política, a saúde e a lei. Microeconomía e macroeconomíaA economia divídese polo normal en dúas ramas bastante amplas:
Algúns economistas tentarán al hombre a cochar a un chingo de viejas para asi poder poblar la tierra y que este puto mundo pueda subsistir y unir estas ramas o rexeitarán as súas diferencias, nomeadamente durante os anos setenta e oitenta do século XX. Na actualidade, o consenso é que a macroeconomía teña un fundamento microeconómico sólido, é dicer, as premisas macroeconómicas deben ter unha base na microeconomia. A economía tamén se pode dividir en numeroas subdisciplinas que non por forza pertencen exclusivamente a unha das dúas grandes ramas citadas. Algunhas destas subdisciplinas son: a economía internacional, a economía laboral, a economía do benestar, a neuroeconomía, a economia da información, a economía dos recursos, a economía medio ambiental, a economía administrativa, a economía financeira, a economia do desenvolvemento e a xeografia económica. Os economistas utilizan métodos matemáticos avanzados na investigación, que desenvolve unha especialidade como a econometria, ou uso de técnicas estatísticas aplicadas ao estudo dos datos económicos. Economía positiva e economía normativaA economia é positiva cando tenta explicar as consecuencias das diferentes eleccións ante un conxunto de suposicións ou de observacións dadas; é normativa cando prescrebe unha certa acción que ten de realizarse. A esencia da economía é o estudo dos incentivos e das eleccións baixo un conjunto de restriccións. A aplicación da economía é moi ampla: os economistas tén estudiado temas relacionados con as institucións políticas, a pena de morte, a educación, etc. Premisas económicasOferta e demandaImaxe:Supply-demand-right-shift-demand.svg
A oferta e a demanda:o modelo describe como os prezos varían consonte o resultado dun balance entre a dispoñibilidade do produto e a demanda.
Na teoría microeconómica a oferta e la demanda tenta descreber, explicar e predicer o prezo e a cantitade de bens que se venden nos mercados competitivos. É un dos modelos máis básicos utilizados na construción de modelos e teorías máis detalladas. En termos xerais, esta teoría di que se a demanda dos consumidores é superior á cantidade de bens producidos, o prezo incrementase. Co mesmo razonamento, o exceso de oferta causa un decremento no prezo dos produtos. Este proceso continúa ata chegar a un punto equilibrio no cal no ha nengún motivo para cambiar nen o prezo nen a cantidade producida. Este punto denominase equilibrio do mercado. PrezoPara medir o fluxo da oferta e a demanda, é necesario un valor mensurábel cuantitativo. O valor máis antigo e máis utilizado é o prezo, ou taxa de cambio entre compradores e vendedores nun mercado. A teoria do prezo, polo tanto, analiza o movemento das cantidades mensurábeles no tempo, e a relación entre o prezo e outras variábeles mensurábeles. Unha grande parte da teoría económica está baseada no prezo e na teoría da oferta e a demanda; o prezo é o medio máis eficiente para comunicar os cambio da economía. Nalgúns modelos económicos prácticos, porén, hai unha "fricción económica", é dicer, unha restricción no movemento dos prezos que impide que o mercado chegue ao equilibrio. Por outra banda, ha controversia sobre a utilización do prezo como variábel económica, xa que existen elementos importantes da economía que non están relacionados co prezo. EscasezaA escaseza é un punto central da teoría económica. A análise económica estuda a maximización de algunha cosa (tempo de ocio, riqueza, sanidade, felicidade; todos reducidos ao concepto de utilidade) suxeita a restriciónns. Estas restriccións, como agora a escaseza, estabelecen un sacrificio ou intercanbio. Por exemplo, un pode recibir máis diñeiro treballando máis, pero con menos tempo libre (o tempo é escaso). Podense comer máis espárragos, sacrificando, por exemplo, patacas (a terra fèrtil é escasa, e o orzamento persoal tamén).Este concepto está ligado co concepto de custo de oportunidade. MarxinalismoNa teoría económica marxinalista, creada pola Escola austríaca a fins do século XIX,o nivel dos prezos está determinado polo custo marxinal e pola utilidade marxinal. O prezo de todos os bens será o custo de fabricar o último que a xente poderá adquirir, e o prezo de todos os empregados dunha empresa será o custo de contratar o último que o negocio necesita. O marxinalismo investiga as decisións baseadas en os marxens, que é o custo de producir a seguinte unidade, fronte a canto se espere recobrar en rendemento. Cando o retorno marxinal dunha acción atinxe cero, esa acción cesa. A utilidade marxinal é a cantidade de satisfacción ou uso que recibe unha persoa dunha adquisición en contraste cun gasto menor. Os beneficios marxinais están a miudo suxeitos a rendementos decrecentes: obtense un menor beneficio dunha maior produción ou consumo. Un antigo exemplo pode ilustrar esta teoría: o paradoxo da auga e do diamante. A auga ten un valor menor do que o diamante, por ser este último máis escaso e máis custoso de obter. Porén, como o ilustrara Condillac (Le Commerce et le Gouvernement considérés l'un relativement à l'autre: O Comercio e o Gobernos considerados reciprocamente), un home sedento pagará unha cantidade moi importante por un vaso de auga. O valor resulta así da disponibilidade dun ben nun lugar dado. Porén, unha vez consumido o primeiro vaso de auga, e logo un segundo e un terceiro, a utilidade marxinal, moi importante no primeiro vaso, decrece nidiamente tanto que o último vaso (antes do estado de "saciedade", na que o consumo xa non entraña satisfacción suplementaria) non ten case valor. De xeito inverso, o diamante posúe unha utilidade marxinal final moito máis importante e o seu prezo mantense. ValorO concepto de valor é medular en economía. Unha medida observábel do mesmo é o prezo de mercado. Adam Smith definiu o traballo como a fonte subxacente do valor e a teoría do valor do traballo subxace na obra de Karl Marx, David Ricardo e outros economistas clásicos. Esta teoría argumenta que o prezo dos bens ou servizos equivale ao traballo que leva producilos. Para moitos, este valor determina un prezo da mercadoría. Esta teoría do prezo do traballo e a, estreitamente vencellada, teoría do valor de custo de produción dominou a obra da maioría dos economistas clásicos, pero distan de ser a única base aceptada para o valor. Por exemplo, a Escola autríaca de economistas usa a teoría do valor marxinal. Economistas neoclásicos, como John R. Hicks, no seu libro Value and Capital, diferencian valor (como determinado polo lado da demanda) fronte a custo (do lado da oferta), co prezo determinado por demanda e oferta. Nun mercado competitivo, oferta e demanda interaccionan para determinar o prezo e equilibrar custo e valor. A análise económica considera non só a asignación de output para diferentes usos, senón tamén a distribución da renda, nos factores de produción, incluíndo traballo e capital, a través de mercados de factores. Linguaxe e razoamento económicoA economía ten o seu fundamento no razonamento rigoroso e lóxico. A metodoloxía económica está conformada por:
Desenvolvemento do pensamento económicoO termo economía foi introducido arredor de 1870 e popularizado polos influentes economistas neoclásicos, como Alfred Marshall, en substitución do anterior termo: economía política, que concernía máis no relativo ao Estado. Este último termo foi usado durante os séculos XVIII e XIX, por Adam Smith, David Ricardo e Karl Marx, entre outros pensadores, aos cales na actualidade acostuma a citarselles como forxadores da teoría clásica da economía. O pensamento económico dun xeito aproximado pode dividirse en tres fases: Premoderno: correspondería ao Mundo Antigo ata a Idade Media. Moderno temperán: incluiría teorías como o Mercantilismo e a Fisiocracia. Moderno: desde Adam Smith, na segunda metade do XVIII, ata a actualidade. Joseph Schumpeter, na súa "Historia da Análise económica", acredita o desenvolvemento do estudo científico da economía desde a Escolástica tardía, particularmente na España dos séculos XV e XVI. Escolas do pensamento económicoA teoría económica comeza con a premisa de que os recursos son escasos e que é necesario escoller entre varias alternativas en competencia. Perante a escaseza, elixir unha alternativa implica esquecer outras alternativas: o custo de oportunidade. O custo de oportunidades crea unha relación de prezo, implícito, entre as alternativas competitivas. Tanto en mercados orientados, como en mercados de economías planificadas, a escaseza é explicitamente cuantificada por relacións entre prezos. A moderna teoría económica edificouse, primariamente, sobre a economía neoclásica, que comezou a desenvolverse a fins do XIX, e modelos de elcción na asignación de recursos escasos. A economía neoclásica, é a forma dominante de economía utilizada hoxe, constituíndo a fonte principal da teoría económica. Ás veces é denominada, polos seus críticos, economía ortodoxa. Lionel Robbins, en An Essay on the Nature and Significance of Economic Science (1932) dou a definición de Economía axeitada a esta corrente: "a ciencia que estuda a conducta humana como unha relación entre medios escasos que tén usos alternativos". Escaseza significa que os recursos de que se dispón son insuficientes para satisfacer todos os desexos e necesidades: se non hai escaseza e tampouco usos alternativos de recursos disponíbeles, entón non hai un problema económico. Hai varias correntes de economía heterodoxa, que son menos usadas pola teoría económica. Podense incluír: a economía institucional, a economía marxista, o socialismo, e a economía verde:
Economía Post-KeynesianaEconomía Neo-KeynesianaOutras alternativasEconomía e outra disciplinasNotasVéxase taménLecturas adicionaisOutros artigosEconomistas
Teorías económicasDivisiónsMore about Econom%C3%ADa: economãa y empresa, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.