Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos
A dulcamara ou uva de can (Solanum dulcamara) é unha planta herbácea perenne da familia das soláceas, nativa de Eurasia pode chegar a acadar os 4 metros de altura, aínda que o normal é que non chegue aos 2. As follas, pecioladas, teñen entre 4 e 12 cm de longo, as flores, violetas, están en acios de 3 a 20, o froito é unha baga vermella, velenosa por conter solanina para os humanos e o gando pero comestible para os paxaros.