Duke Ellington

Article on other languages:

Duke Ellington en 1965.

Edward Kennedy "Duke" Ellington (29 de abril de 189924 de maio de 1974), tamén coñecido simplemente coma Duke (Duque), foi un pianista, compositor e director de jazz estadounidense.

Duke Ellington foi unha das figuras do jazz máis importantes do século XX, aínda que Ellington podería non ter estado de acordo coa descrición, xa que era reacio a describir o seu traballo coma algo máis específico ca "música". O termo jazz era demasiado estreito para Ellington.

Pola orquestra de Duke Ellington pasaron algúns dos máis grandes nomes do jazz, entre outros: Johnny Hodges, Cootie Williams, Bubber Miley, Joe "Tricky Sam" Nanton, Barney Bigard, Ben Webster, Harry Carney, Juan Tizol, Sonny Greer, Otto Hardwick, Clark Terry, Jimmy Blanton, Lawrence Brown, Louie Bellson, Ray Nance, Paul Gonsalves, Wellman Braud e William "Cat" Anderson.

Moitos destes músicos tocaron na orquestra de Ellington durante décadas e, aínda que moitos non destacaron de seu, foi o xenio de Elligton quen os mesturou nunha das máis coñecidas unidades orquestais da historia do jazz. As súas composicións foron decote escritas especificamente para o estilo e as habilidades destes músicos, tales coma "Jeep's Blues" para Johnny Hodges, "Concerto for Cootie (Do nothing till you hear from me)" para Cootie Williams e "The Mooche" para Tricky Sam Nanton. Tamén gravou cancións escritas polos seus músicos coma "Caravan" e "Perdido" de Juan Tizol.

Ellington foi un dos persoeiros afroamericanos máis coñecidos do século XX. Gravou para moitas casas de discos estadounidenses e apareceu en varios filmes. Ellington e a súa orquestra foron de xira por todo Estados Unidos e Europa con regularidade antes da II Guerra Mundial. Logo da guerra, seguiu a viaxar por todo o mundo.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

More about Duke_Ellington: duke ellington picture, duke ellington his orchestra, duke ellington john coltrane, best duke ellington very, louis armstrong duke ellington, barney bigard duke ellington irving mill, edward duke ellington, duke ellington music, duke ellington musician biography,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.