|
Article on other languages:
|
Descoñécese a etimoloxía da palabra "druída", mais Plinio o Vello relacionábaa co termo grego drus (aciñeira); non obstante, actualmente os historiadores cren que o máis probable é que proceda do termo celta dru-uid-es, que significa "os moi sabios". Os druídas eran unha elevada clase social dentro das tribos celtas, desempeñaban funcións relixiosas, médicas e de ensino. Os privilexios dos que disfrutaban (non tomaban parte nas guerras e estaban exentos do pago dos impostos) atraían a moitos rapaces da nobreza gala a tomar o ensino necesario para se converteren en druídas. Os coñecementos transmitíanse oralmente durante unha aprendizaxe de vinte anos no que estudaban a natureza e os rituais celtas. A romanización e posteriormente o cristianismo perseguiron os druídas ata que acabaron por disolver a relixión celta, da cal os druídas eran os principais depositarios.
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.