|
Article on other languages: |
Droga é un termo xeral polo que se designa así calquera substancia con capacidade de alterar un proceso biolóxico ou químico nun organismo vivo, cun propósito determinado, como por exemplo combater unha enfermidade, aumentar a resistenza física, ou modificar a resposta inmunolóxica. O cerebro é a zona máis sensíbel aos efectos das drogas. Xeralmente o termo droga utilízase para se referir ás de uso ilegal, en cambio para as de uso médico acostúmase preferir o termo fármaco.
Drogas medicinais (para o tratamento de enfermidades)O concepto farmacolóxico e médico da palabra droga é calquera substancia química capaz de modificar o funcionamento dun ser vivo. Este concepto refírese a que a modificación pode ser prexudicial ou beneficiosa para o ser vivo, e que depende do tempo de administración e da dose. Paracelso, pai da farmacoloxía, en 1500 dixo que todas as substancias son venenos, a diferenza dun veneno cun medicamento é a dose, é dicir que un medicamento administrado en dose e durante un tempo inadecuado tórnase nun factor prexudicial que pode chegar até a morte. Un medicamento diferénciase dunha droga en que é usada para o diagnóstico, prevención ou tratamento das enfermidades e aseméllase a unha droga en que tamén é unha substancia química capaz de modificar o funcionamento dun ser vivo. Drogas de uso recreacional ou drogas de abuso
A cafeína é a substancia psicoactiva máis consumida do mundo
As drogas de abuso son substancias de orixe natural ou sintético con efectos sobre o sistema nervioso central, utilizada con fins extraterapéuticos. O que unha substancia sexa definida como droga decídese por elementos socioculturais máis que polas súas características farmacolóxicas. As substancias clasificadas como drogas sono porque a sociedade as codificou culturalmente como tales entrando, ademais, en contacto con elas e usándoas precisamente para conseguir os efectos que se agardan delas. A investigación farmacolóxica e bioquímica, mostrando as propiedades e os efectos de determinadas substancias sobre o organismo, pode sinalar cales son drogas teóricas ou potenciais. Mais para que as ditas substancias adquiran o status de drogas han de ser codificadas culturalmente como tales. Para que unha substancia poida ser considerada como droga, é preciso que teña provocado nalgún dos seus usuarios un síndrome de dependencia, percibido como tal polo propio usuario, polos do seu contorno ou pola sociedade. A aparición dun síndrome de dependencia depende das propiedades farmacolóxicas da substancia ao interactuar cun organismo vivo. As drogas de abuso acostuman ser substancias psicotropas e estupefacientes. Clasificación das drogas de uso recreacional ou drogas de abusoPodemos clasificar as drogas de abuso en función dos seus efectos sobre o cerebro en dous grandes grupos: Drogas intelixentes - Smart Drugs - NootrópicosHai fármacos, alimentos e suplementos nutricionais que axudan a mellorar o rendemento intelectual e a saúde. Son as smart drugs, as drogas intelixentes, denominación baixo a que se engloba unha gran cantidade de produtos con certas características comúns: aumentan o rendemento, non son aditivos, carecen practicamente de efectos adversos e poden adquirirse máis ou menos facilmente en diversos establecementos. "Drogas intelixentes" é tradución do termo inglés "smart drugs". É tamén frecuente o uso de "nootrópicos", que procede do grego noús (mente) e trópos (movemento), dando a entender que se trata de substancias cuxo obxectivo é actuar sobre as capacidades cognitivas. Historia das drogasOs homes da antiga grecia tamén eran aficionados a ese tipo de substancias anabolizantes, facíanno para saír do mundo. Desde as primeiras civilizacións como a asiria até o século XXI, o ser humano consumiu todo tipo de drogas por diferentes motivos, como relixiosos, rituais, medicinais, hábito ou costume, distracción ou hedonismo. Na cultura occidental a droga considérase un tema tabú (excepto o alcol, que é máis aceptado socialmente). Prevención das drogasConsellos e pasos a tomar no mundo de pais e fillos, para educar e previr o consumo das drogas: A prevención no campo das drogas nos fillos e na xuventude é importantísimo para evitar o chegar demasiado lonxe. A droga quizá constitúa un problema na nosa época, mais habería que estudar, desde unha perspectiva sociohistórica, as orixes do problema, se realmente existe ou é unha invención, e a quen interesa a súa existencia. Só así coñeceremos a solución. Para este fin, é recomendábel, ademais do libro de Escohotado, "Historia de las drogas" (ISBN 8423997391), a páxiña web Mundo antiprohibicionista, e este artigo sobre as Campañas anti-droga. Bibliografía
Véxase tamén
Ligazóns externas
More about Droga: la droga, droga krzyzowa, eres mi droga, legalizacion de la droga, droga zdrowia, adicto centro de droga rehabilitacion, droga kolinska, droga cristal, droga raia, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.