Segue o sistema de combates consistente en mostrar imaxes frontais dos monstros e varios menús que nos permiten elixir as accións a seguir. Os protagonistas non aparecen durante o combate, xa que se asume que o combate é en primeira persoa. Este sistema de combate é idéntico ao do tamén RPGPhantasy Star. Isto cambiou coa saída de Dragon Quest VIII, no que se pode ver como os personaxes ou os inimigos atacan.
Creadores
Os creadores desta serie son basicamente tres:
Yuji Horii entra a traballar a Enix logo de gañar un concurso, desde ese momento creou varios títulos ata que chegou o seu gran momento ao crear a serie de Dragon Quest na que segundo di quería facer unha especie de manga onde se puidese elixir que fixese o protagonista.
Akira Toriyama famoso por crear series como Dragon Ball. Traballaba na mesma revista que Horii e foi aí onde este lle pediu axuda na creación dun novo proxecto, necesitaba que alguén crease os monstros e personaxes dun videoxogo. Desde ese momento ata a data encárgase diso nesta serie.
Koichi Sugiyama é o compositor de cada un dos temas de Dragon Warrior. Moitos xogadores opinan que o seu mellor traballo desenvolveuno na terceira entrega deste xogo, aínda que recoñecen que é bo en cada un dos xogos nos que participou. Ademais de traballar en videoxogos tamén participou en películas como godzilla.