|
Article on other languages:
|
Por dominio público enténdese o conxunto de bens e dereitos de titularidade pública non posuídos de xeito privativo. Un exemplo é o consistente no espazo radioeléctrico, as augas terrestres, as continentais, etc. Outros ordenamentos xurídicos consideran que o dominio público está formado polos bens de titularidade comunitaria. Así, as comunidades de regantes, de pastos, de bosques, etc. Ademais, estase atopando dun tempo a esta parte que por Dominio Público enténdese aquilo que carece que dono. Esta acepción non é axeitada: o que non ten dono chámase Res nullius, 'cousa de ninguén', pero non dominio público porque se non ten dono pode ser apropiado por calquera. Acepcións especiaisNon obstante, o sentido que se lle dá a Dominio Público na Licenza de Documentación Libre GNU é o de algo que calquera pode usar, sen poder converterse no dono, pois a propiedade corresponde á Humanidade de xeito incorporado. Tamén neste senso, os textos son de dominio público pasados 50 anos do fenecemento do autor, en concordancia co Convenio de Berna, aínda que o dito convenio recoñece o dereito ós países signatarios a ampliar o prazo da protección (en España é de 70 anos). Dominio público nestes casos adoita abreviarse como PD ('Public Domain'). Véxase taménLigazóns externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.