Doenza

Article on other languages:

Unha enfermidade ou doenza é calquera condición anormal do corpo ou da mente que causa malestar, disfunción ou angustia, ben nunha persoa (máis en xeral, nun ser vivo) afectada ou ben incluso en persoas (seres vivos) en contacto con ela. Ás veces úsase este termo máis amplamente, incluíndo feridas, discapacidades, síndromes, síntomas, comportamentos desviados e calquera variación atípica da estrutura ou función do corpo ou da mente.

O estudo das enfermidades denomínase patoloxía, mentres que a medicina é un corpus do coñecemento máis amplo, abranguendo tanto o coñecemento das enfermidades como o seu tratamento.

Índice

Enfermidade vs. Síndrome

Na terminoloxía médica distínguese entre enfermidade, da que se coñece especificamente a causa ou causas (a "etioloxía" ), e síndrome, que consiste nun conxunto de síntomas que ocorren xuntos. Así e todo, hai enfermidades que se seguen a chamar síndrome aínda despois de se coñecer as causas; tamén ocorre o contrario: ás veces chámaselle "enfermidades" sen se coñecer a etioloxía (as causas).

Exemplos

Como exemplos de enfermidades poden citarse:

Sen seren enfermidades senón disfuncións atópanse:

Véxase tamén

Outros artigos

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.