|
Article on other languages:
|
O dióxido de carbono, ou anhídrido carbónico é un composto químico constituído por dous átomos de osíxeno e un átomo de carbono. A representación química é CO2. O dióxido de carbono foi descuberto polo escocés Joseph Black en 1754. É un gas incoloro, inodoro e insípido, de fórmula CO2, que se produce pola oxidación completa do carbono nos procesos biolóxicos e industriais ou como consecuencia dos incendios forestais, por poñer dous exemplos á parte da expiración humana. É un composto covalente. Debido á utilización, cada vez maior, dos combustibles fósiles e á proliferación dos incendios forestais, a porcentaxe de dióxido de carbono na atmosfera está aumentando progresivamente desde o inicio da revolución industrial (a mediados do século XVIII era do 0,0289%, a mediados do século XX do 0,030% e a finais del, do 0,035%), polo que constitúe un contaminante atmosférico que contribúe ó incremento do efecto invernadoiro e, consecuentemente, á elevación da temperatura da atmosfera, cun imprevisible efecto sobre os cambios climáticos. O dióxido de carbono é soluble en auga, tendo a súa solución carácter ácido, o que favorece a disolución das rochas calcarias. A denominación anhídrido carbónico non se admite nas normas de nomenclatura química inorgánica da IUPAC, aínda que se usa moito de xeito tradicional. Os animais ao respiraren toman osíxeno da atmosfera e devólveno na forma de dióxido de carbono. Por outro lado, as plantas retiran este gas do aire e utilizano na fotosíntese. Este proceso denominado ciclo do carbono é vital para a manutención dos seres vivos. Estruturalmente, o dióxido de carbono está constituído por moléculas de xeometría lineal e de carácter apolar. Por iso as atraccións intermoleculares son moi fracas, tornándoo, nas condicións ambientais, un gas. De aí o seu nome comercial gas carbónico. O CO2, mantido en determinadas cantidades no aire atmosférico, é un dos gases responsábeis da temperatura terrestre. Sen este gas a Terra sería un bloque de xeo. Por outro lado, un exceso de CO2 impide a saída da calor da atmosfera, provocando un quecemento do planeta denominado efecto estufa. Constitúe un 0,03% en volume da atmosfera (en aumento por procesos diversos de actividades humanas), de onde o toman as algas e as plantas para fixar o carbono en forma de materia orgánica, entrando así este elemento no seu ciclo bioxeoquímico. Nas últimas décadas, debido á enorme queima de combustíbeis fósiles, a cantidade de gas carbónico na atmosfera aumentou moito, contribuíndo ao quecemento do planeta.
Aplicacións
Riscos
Véxase taménLigazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.