|
Article on other languages:
|
Por desertización enténdese o proceso polo que un territorio que non posúe as condicións climáticas dos desertos, remata adquirindo as características destes. Isto sucede como resultado da destrucción da súa cuberta vexetal e da erosión del solo. Segundo datos do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), o 35 % da superficie dos continentes pode considerarse como áreas desérticas. Dentro destes territorios sobreviven millóns de persoas en condicións de persistente seca e escaseza de alimentos. A expansión destes desertos débese tanto a causas naturais como humanas.
EtapasA primeira etapa na desertización é a destrucción da cuberta vexetal deuse en zonas que orixinariamente eran fértiles. Nelas practicábase unha agricultura rotativa. O aumento da poboación obrigou a unha explotación intensiva que produciu o esgotamento dos recursos. A segunda etapa comeza cando a terra deixa de ser fértil e encóntrase despoxada da súa cuberta vexetal, a auga e o vento erosionan máis rápido ata chegar á roca e modicican a paisaxe. Na maior parte das terras de cultivo o solo erosiónase moito máis a présa do que demora en formarse. Necesitaríanse moitas décadas para que a paisaxe volva a cubrirse de verde. Zonas con desertización
Nacións UnidasEn 1977 celebrouse en Nairobi, Kenia, a Conferencia das Nacións Unidas sobre Desertización. En 1994 a Organización das Nacións Unidas proclamou o 17 de xuño como o Día Mundial de loita contra a desertización e a seca. Ligazóns externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.