Etimoloxicamente, a palabra "deseño" ten varias acepcións, que se ben son diferentes, os seus límites non están claros e mestúranse. As duas principais son:
O deseño como proceso de creación.
O deseño como resultado do proceso creativo.
Diferencias etimolóxicas en relación coas linguas
Inglés. Cando provén do equivalente inglés design (que ten como significados tanto designar como deseñar) fai referencia a unha creación gráfica representada mediante calquer medio e sobre calquer soporte analóxico, dixital, en dúas ou más dimensións. Sen embargo, tamén fai aquí referencia ó proceso previo de creación "pre-figuración" e de busca do modo de plasmar unha idea en calquer campo.
Italiano. Por outro lado, o termo italiano equivalente disegno refírese simplemente ó debuxo, ou o feito de plasmar as ideas previas mediante esbozos, debuxos, bocetos ou esquemas sobre un soporte, probablemente tras un proceso de observación, investigación e busca da expresión desa idea previa.
Francés. En francés, o termo equivalente actualmente é o anglicismo design, pero está relacionado etimoloxicamente coa palabra dessein (en galego, "designio"), que implica unha certa visión de futuro, ou intencionalidade (o proxecto) que se traduce no proceso previo de busca. O outro termo que existe nesta lingua é dessin (que se traduce por debuxo), que designa á obra como produto final.