Democracia

Article on other languages:

Países que se proclaman democráticos en azul, fronte a países que non se autoproclaman democráticos
Este mapa reflite os achádegos da investigación da Freedom House Freedom in the World 2007 (Liberdade no mundo 2007), que informa sobre o estado da liberdade no mundo durante o ano 2006. É unha das medidas máis xeralmente empregadas da democracia polos investigadores. Hai que fixarse en que malia que estas medidas están moi correlacionadas, non implica que se poidan intercambiar ██ País libre ██ País parcialmente libre ██ País sen liberdades

A democracia é un réxime político no que a soberanía reside no pobo e é exercida por este de maneira directa ou indirecta.

Máis concretamente, a democracia é unha forma de goberno na que, en teoría, o poder para cambiar as leis e as estruturas de goberno, así como o poder de tomar todas as decisións de goberno reside na cidadanía. Nun sistema así, as decisións tanto lexislativas coma executivas son tomadas polos propios cidadáns (democracia directa) ou por representantes escollidos mediante eleccións libres, que actúan representando os intereses dos cidadáns (democracia representativa).

Na práctica, na historia inicial da democracia primou o compoñente directo, pero na actualidade todos os sistemas democráticos do mundo son principalmente de tipo representativo.

Esta definición xeral ten algúns matices. Non todos os habitantes dun determinado municipio, rexión ou estado democráticos participan na política, senón só aqueles que ostentan de pleno dereito a condición de cidadáns, e dentro destes, só aqueles que elixen participar, xeralmente mediante o voto nunhas eleccións ou calquer outro proceso electoral coma o referendo.

Orixe, usos e tipos

O termo "democracia" foi acuñado en Atenas no século V a.C. A máis famosa das cidades-estado da antiga Grecia é considerada como o primeiro exemplo dun sistema acorde coas nocións modernas de democracia. De todos os xeitos, o significado do termo cambiou co tempo, e a definición moderna evolucionou moito sobre todo dende finais do século XVIII, coa sucesiva introdución de sistemas democráticos en moitas nacións. Hoxe en día, as democracias existentes son bastante distintas ó sistema de goberno ateniense do que herdan o seu nome.

Un bo exemplo destas diferencias é que as democracias actuais son democracias indirectas ou representativas, agás unha a democracia suíza, que segue a manter un sistema máis directo que a maioría das actuais, debido a súa particular idiosincrasia, sen ter apenas evolucionado.

A democracia directa adoita ser máis dificultosa de manter canto maior é a comunidade que se debe rexir por este sistema, do que deriva a importancia que na actualidade acadou o sistema representativo como vía de participación ns decisións comunitarias.

Unha das maiores febledades coas que se atopan os sistemas democráticos actuais é o facer da democracia un sistema que deriva cara a partitocracia, na que son os partidos políticos como elementos suprarepresentativos os que determinan as decisións comunitarias fora dos sistemas elaborados para tal fín. Deste xeito a falta de democracia nas forzas políticas pode implicar e evolución do sistema cara a un sistema máis próximo á oligarquía que a propia democracia e que é denominada polos teóricos do estado como partitocracia.

Executivo | Lexislativo | Xudicial
Monarquía | República | Anarquía
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby
Cantón | Comunidade Autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía Política | Historia Política | Metapolítica | Política Internacional | Teoría Política | Xeopolítica
Esquerdismo | Dereitismo

Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá

Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neo-imperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposicionismo | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidarismo | Bipartidarismo e | Unipartidarismo

Abstención | Amnistía | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo

No proceso evolutivo dos sistemas parlamentarios occidentais a decisión entre primar a estabilidade do poder público fronte a primar unha maior e mellor representación de todas as tendencias da sociedade rematou por desenvolver unha serie e de mecanismos que favorecesen a estabilidade, sobre todo a partires da II Guerra Mundial.

Un exemplo destes mecanismos é o propio sistema D´Hont utilizado no actual sistema electoral español, no que o sistema de cálculo e asignación de escaños beneficia ás dúas forzas máis votadas en detrimento dunha maior representación das minorías. Un exemplo contrario no mesmo sistema español foi a II República española onde uha maior representación das minorías provocou na práctica unha perigosa inestabilidade dos distintos gobernos.

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:


More about Democracia: la democracia, democracia participativa, que es la democracia, concepto de democracia, cuba democracia vida y, democracia en colombia, democracia nacional, democracia paises que tienen, definicion de democracia,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.