|
Article on other languages:
|
Foron durante moito tempo clasificadas como algas, ben na división Cyanophyta, ben na clase Cyanophyceae (por iso se utiliza tamén o termo cianofíceas, aínda que o termo cianobacterias estexa a gañar terreo) e estudadas polos botánicos. Actualmente sábese que estes organismos non teñen relación filoxenética con calquera dos grupos de algas, a non ser como probábeis antepasados dos cloroplastos – ver teoría da endosimbiose) – e atópanse clasificados como un filo (ou división, para os botánicos) dentro do dominio Bactería. O rexistro fósil das cianobacterias indica que estes seres fotosintéticos apareceron no éon xeolóxico Arqueano e deben ter sido responsábeis da aparición do oxíxenio na atmosfera terrestre - o que parece ter acontecido hai preto de 2500 millóns de anos, despoletando a orixe da vida eucarionte e dando lugar ao que se chama actualmente o éon Proterozóico (que significa aproximadamente dos “animais primitivos”). Existen cianobacterias unicelulares, coloniais e filamentosas. Algunhas especies producen células diferenciadas:
A parede celular é unha estrutura con catro constituintes, que cora como unha bacteria Gran-negativa:
As cianobacterias non posúen flaxelos, mais algunhas poden moverse coa axuda de fibras en espiral na parede celular. Na maior parte das especies, a “maquinaria” fotosintética atópase en pregamentos da membrana celular, chamadas tilacoides. Algunhas poden sintetizar materia orgánica usando sulfureto de hidroxenio, como fan outras bacterias autotróficas. No que di respecto aos pigmentos fotosintéticos, atópanse dúas formas nas cianobacterias: a maioría posúe clorofila a xuntamente con varias proteínas chamadas ficobilinas, que dan ás células a cor típica azulada; alguns xeneros, porén, non posuen ficobilinas e teñen clorofila b para alén da a, o que lles confere unha colorazón verde brillante. Orixinalmente, estas últimas formas foron clasificadas nun grupo denominado “proclorofitos” ou “cloroxibacterias”, mais aparentemente desenvolveranse en diferentes liñas de cianobacterias. Algunhas cianobacterias segregan cianotoxinas, entre as cales anatoxinaa, anatoxinaas, aplisiatoxina, cilindrospermopsina, ácido domóico, microcistina LR, nodularina R e saxitoxina. Ligazóns externasMore about Cyanobacteria: cyanobacteria harmful, cyanobacteria anabaena, cyanobacteria diversity ecology in space their time, red slime algae and cyanobacteria, cyanobacteria gleocapsa, phylum cyanobacteria, toxic cyanobacteria, picture of cyanobacteria, biology cyanobacteria molecular, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.