|
Article on other languages:
|
Croacia é un país de Europa. Limita ao norte con Eslovenia e Hungría, ao leste con Serbia, Bosnia e Hercegovina e Montenegro, e ao sur co Mar Adriático. A súa capital é Zagreb. Ten unha extensión de 89.810 km² e 4.422.248 habitantes.
PolíticaO Presidente da república é o xefe de Estado, é elixido cada cinco anos por un máximo de dúas lexislaturas, segundo a Constitución de 1990 (catro emendas en 1997, 2000 e dúas en 2001). É o comadante en xefe das Forzas Armadas e propón o Primeiro Ministro ó Parlamento de xeito simbólico. Poder executivo: o goberno croata (Vlada) está dirixido por un Primeiro Ministro e dous axudantes, que mandan nun gabinete de 14 ministerios. Redactan os orzamentos e as leis para a súa aprobación no parlamento. Poder lexislativo: é unicameral. O Parlamento (Sabor) ten entre 100 e 160 representantes elixidos cada catro anos. Poder xudicial: a máxima autoridade xudicial croata é o Tribunal Supremo. Por debaixo del hai tribunais nos condados e nos concellos. Existe un Tribunal Constitucional para os temas de interpretación da Constitución. Os partidos máis importantes son: Partido Popular Croata, Comunidade Demócrata Croata e Unión Demócrata Croata. DemografíaOs croatas representan o 86,9% da poboación, a minoría máis numeroa é a serbia (4,5%). A lingua oficial é o croata (tamén oficial en Bosnia e Hercegovina), deriva do serbocroata pero con grafía latina. O 87,8% son católicos, cun 4,4% de ortodoxos. Divisións administrativas, condados de CroaciaA subdivisión administrativa máis representativa son os condados. Deste xeito as rexións históricas e xeográficas non teñen competencias administrativas. Esta é a lista de condados agrupados dentro das rexións históricas e xeográficas:
Economía
Ligazóns externas
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.