|
Article on other languages:
|
O cristianismo é unha relixión monoteísta, actualmente a que conta con maior número de practicantes, basease na vida e ensinanzas de Xesús Cristo como describe o Novo Testamento da Biblia. Os cristiáns cren que Xesús é o fillo de Deus. Aínda que o cristianismo é unha relixión monoteísta a maioría dos critiáns cren que Deus existe en tres persoas, Deus Pai, Deus Fillo e Espírito Santo que constitúen unha mesma substancia de Deus, o que constitúe o misterio da Santísima Trindade.
ConfesiónsOs aproximadamente 2.000.000.000 de cristiáns (33% da poboación mundial) agrúpanse, principalmente, en tres correntes: HistoriaPrimeiros anosNun principio, o cristianismo foi unha división dentro do xudaísmo, constituída polos seguidores de Xesús de Nazaret. Pouco a pouco, foise separando da doutrina xudía e foi acollendo a pagáns; isto supuxo un factor de división entre os cristiáns máis conservadores -que defendían que os pagáns debían facerse xudeus antes que cristiáns- e o grupo liderado por Paulo de Tarso, que finalmente rematou imperando. Durante os primeiros séculos da historia cristiá, foise, pouco a pouco, establecendo unha certa xerarquía. Neste tempo, surxiron as primeiras herexías -desviacións do dogma orixinal. As herexías nos séculos III e IVArrio, na doutrina coñecida como Arrianismo, defendía que o Fillo era inferior ó Pai, situándose nun punto intermedio entre humano e divino. Esta crenza condenouse no Concilio de Nicea. Nestorio defendía que Cristo non era verdadeiramente Deus. A súa doutrina, o Nestorianismo, foi condenada no Concilio de Éfeso. No Concilio de Calcedonia condenouse o Monofisismo -que consistía na crenza en que, en Cristo, a naturaleza humana e divina se mesturaron. LegalizaciónCo Edicto de Milán, en 313, o emperador Constantino I proclama a liberdade de culto no Imperio Romano; á súa morte, bautízase, dándolle así un rango privilexiado á Igrexa Católica. No ano 391, Teodosio I prohíbe o culto pagán e proclama o Cristianismo como relixión oficial do Imperio. O Cisma de OrienteConsidérase que o Cisma de Oriente tivo lugar no ano 1054, pero as súas causas atópanse varios séculos atrás. Ata entón, as igrexas de Oriente e Occidente fóranse afastando ó longo doa anos debido a criterios culturais e políticos. A principal causa da división entre a Igrexa Católica e a que despois recibiría o nome de Igrexa Ortodoxa débese, principalmente, á inclusión do "filioque" ("e o fillo") no credo de Nicea. Esta inclusión supuña a afirmación de que o Espírito Santo procedía tanto do Pai coma do Fillo, algo que en Oriente non era aceptado. A Igrexa na Idade MediaA Idade Media considérase, tradicionalmente, como o período de esplendor da Igrexa e do Cristianismo, que pasaron a afectar a tódolos estratos da sociedade. Isto debeuse, sobre todo, ó forte contacto producido entre a Igrexa e o poder secular (que non estivo exento de roces, coma o acontecido na Querela das Investiduras), que tamén estivo relacionado co Cisma de Occidente. O Cisma de OccidenteFoi unha división producida na Cristiandade occidental. En 1305, os papas marcharon da súa tradicional residencia en Roma a Aviñón, Francia. Alí permaneceron ata 1378, cando Gregorio XI decidiu volver a Roma. Á morte de Gregorio, escolleuse un novo papa, Urbano VI. A súa selección non agradou a grandes sectores da Igrexa, polo que elixiron un segundo papa, Clemente VII, que pasou a residir en Aviñón. A situación con dous papas, un vivindo en Roma e o outro en Aviñón, continuou durante anos, ata que, en 1408, o Concilio de Pisa quixo solucionala escollendo un terceiro papa. Pero, ó non abdica-los outros dous, a Cristiandade occidental pasou a ter tres papas. Esta división rematou co Concilio de Constanza en 1417 A Idade Moderna: Reforma e ContrarreformaA Reforma protestante foi un movemento dentro do Cristianismo dirixido por Martín Lutero, monxe agustino e profesor na Universidade de Wittenberg. Este escribiu 95 Teses que tiñan como finalidade a reforma da Igrexa e, sobre todo, a eliminación das indulxencias (pagos polo perdón dos pecados). A finais de 1517, Martín Lutero distribuíu estas Teses entre as autoridades relixiosas da época. Estas ideas estendéronse rapidamente por toda Alemaña grazas á imprenta e, paralelamente, xurdiron outros movementos protestantes en Suíza (creados por Huldrych Zwingli), algo máis radicais có de Lutero, e que perviven hoxe (Anabaptistas) A raíz de todo isto, Martín Lutero foi excomungado polo Papa León X, que condenou terminantemente tódolos aspectos da Reforma. Sen embargo, grazas ós traballos de Martín Lutero e Calvino, o protestantismo estendeuse por Alemaña, Suíza, Escocia, Hungría e moitas outras zonas de Europa. En Inglaterra, Henrique VIII separouse da Igrexa de Roma e fundou a Igrexa anglicana, que se considera protestante aínda que ten moitos aspectos en común coa Igrexa católica. A Reforma protestante fixo evidente a necesidade dunha reforma dentro da Igrexa Católica. Esta, que se produciu grazas ó Concilio de Trento (1545-1563) convocado polo papa Paulo III, recibiu o nome de Contrarreforma. O Concilio rexeitou a Reforma protestante e estableceu que:
Tamén se tomaron unha serie de medidas en relación co establecemento dunha maior disciplina dentro da Igrexa (moitos dos estratos da cal estaban cometendo excesos moi notables). Ó longo dos séculos seguintes, e trala separación definitiva dos protestantes (non exenta de conflitos bélicos), a Igrexa foi perdendo progresivamente poder político.
More about Cristianismo: historia del cristianismo, el cristianismo, cristianismo primitivo, al caixa cristianismo la obra responsabiliza social, al caixa cristianismo de la obra responsabiliza social, que es el cristianismo, cristianismo en crisis, al caixa cristianismo fundacion la responsabiliza, cristianismo del historia universal, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.