Creative Commons

Article on other languages:

Creative Commons (bens "Comúns Creativos") é unha Organización Non-Gobernamental (ONG), sen fins de lucro, que foi fundada e presidida orixinalmente por Laurence Lessing, profesor de dereito na Universidade de Stanford e especialista en ciberdereitos. Na actualidade o director xeral é o empresario xaponés Joichi Ito, que aventurou que "Creative Commons convertiráse nunha organización de estándares dos dereitos de autor" [1].

Índice

Obxetivos e servizos

Esta organización desenvolve plans para axudar a reducir as barreiras legais da creatividade por medio de nova lexislación e as novas tecnoloxías.

Creative Commons está inspirada na licenza GPL (General Public License) da Free Software Foundation. A idea principal é posibilitar un modelo legal con ferramentas informáticas para así facilitar a distribución e o uso de contidos para o dominio público.

Ofrece unha serie de licenzas, cada unha con diferentes configuracións ou principios, como o dereito de autor orixinal para dar liberdade para citar a súa obra, reproducila, crear obras derivadas, ofrecela de xeito público e con diferentes restricións como non permitir o uso comercial ou respectar a autoría orixinal.

Unha das licenzas ofrecidas por Creative Commons é a licenza "Developing Nations" (Nacións en Desenvolvemento). Esta licenza permite que os dereitos de autor e regalías polas obras se cobren só nos países desenvoltos do primeiro mundo, mentres se ofrecen de xeito aberto nos países en vías de desenvolvemento.

Orixinalmente foron redactadas en inglés, mais despois adaptáronse a varias lexislacións arredor do mundo. Entre outras linguas, foron traducidas ó castelán, portugués, catalán e están sendo ó galego a traverso do proxecto International Commons. A nivel iberoamericano hai varios países involucrados no proceso: Brasil, España, Chile e Arxentina, con licenzas traducidas e en funcionamento, e Perú, México, Colombia (entre outros) en proceso de tradución e implementación.

Licenzas

  • Public Domain ou Dominio público
  • Developing Nations
  • Recombo
  • Founder's Copyright
  • CC-GNU GPL
  • CC-GNU LGPL
  • Share Music ou Música compartida

Véxase tamén

Notas

  1. Entrevista en Consumer.es

Outros artigos

Ligazóns externas

More about Creative_Commons: creative commons license, creative commons deed, creative commons deed, commons creative directly embed into license, commons creative directly embed into license, attribution commons creative, attribution commons creative, code commons creative legal, code commons creative legal,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.