|
Article on other languages:
|
Craveiro da India (craveiro-da-índia Portugés Europeo, cravo-da-índia Portugués do Brasil, Clavo español) (Syzygium aromaticum) é unha árbore nativa das illas Molucas, na Indonesia. Actualmente é cultivado noutras partes do mundo, como as illas de Madagascar e de Granada. O botón da sua flor, seco, é utilizado como especie desde a antigüidade, empregado na culinária e na fabricación de medicamentos. O seu óleo ten propriedades antisépticas, sendo bastante utilizado en odontologia. Unha das especiarias mais valorizadas, no mercado do inicio do século XVI un quilo de cravo equivalia a sete gramas de ouro. CulinariaA flor do craveiro é usada como tempero desde a antigüidade: era unha das mercadorías, entre as especias da China, que motivaran inúmeras viaxes de navegadores europeus para o continente asiático. Na China, os cravos eran usados non só como condimento, pero tamén como antiséptico bucal: calquera deles com audiencia co emperador precisaba mascar cravos para previr o mau hálito. Viaxantes arábicos xa vendían cravos na Europa aínda no imperio romano. FumeOs principais consumidores de cravo, no mundo, son os habitantes da Indonesia, responsable polo consumo de máis de 50% da produción mundial. O principal uso desta planta non é, contodo, na cociña e si na confección de cigarros aromatizados con craveiro, aló extremamente populares, a ponto de se afirmar que todo o país, en virtude deste hábito, parece estar odorizado co lene e característico aroma do cravo. MedicinaO conteúdo total de óleo en cravos (de boa cualidade) chega a 15%. O óleo é constituído, basicamente, por euxenol (70 a 80%), acetato de euxenol (15%) e beta-cariofileno (5 a 12%). Este óleo é usado como matéria prima na industria farmacéutica, cosmética e odontolóxica. Emprégase desde hai máis de 2000 anos como planta medicinal. Os chineses acreditaban en seu poder afrodisíaco. O óleo de cravo é un potente antiséptico. Os seus efectos medicinais comprenden o tratamento de náuseas, flatulencias, indixestión, diarrea, ten propriedades bactericidas, e é tamén usado com anestésico e antiséptico para o alivio de dores de dentes. O Profesor Gary Elmer, Ph. D. do departamento de Medicinal Chemistry da University of Washington School of Pharmacy, em Seattle, salienta que "o euxenol realmente mata virus e bactérias". |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.