|
Article on other languages: |
A cortiza é a casca exterior feita de materia morta e dura da sobreira (Quercus suber) e dalgunhas outras árbores. É incorrecto utilizar cortiza para denominar a casca doutras especies, pois para iso esta verba: casca. A cortiza foi o primeiro material biolóxico en ser observado ó microscopio e, debido á súa especial estrutura de macrocélulas, permitiu supoñer que os tecidos están formados por células. Os usos da cortiza son moi variados debido ás súas características, moi importantes e dificilmente conseguibles mediantes materiais sintéticos:
Os seus usos máis comúns son como rollas para selar botellas, pezas industriais pequenas e de características moi especiais (xuntas, amortecedores) e material de decoración (a súa cor e textura permiten a creación de ambientes moi cálidos, coma no uso da madeira). O seu uso está restrinxido polo seu prezo moito maior cós materiais sintéticos, pero o seu rendemento e duración son moito maiores. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.